viernes, 27 de febrero de 2015

CERTAME DE DEBUXO: XXXV FEIRA DO VIÑO

     Xa están presentados na Biblioteca Municipal de Sober os debuxos que os alumnos e alumnas fixeron para participar no Certame de Debuxo da XXXV Feira do Viño de Sober.
 
    Facendo click no seguinte libro dixital podedes ver o nome do alumnado participante e comprobar o fermosos que son os seus debuxos.
MOITA  SORTE  PARA  TODOS!!

XXXV FEIRA DO VIÑO

O NOSO ENTROIDO NA PRENSA

    Nas seguintes imaxes podedes ler as reseñas de prensa publicadas por El Progreso no seu suplemento  Ribeira Sacra do día 27 de febreiro de 2015; na que adican toda unha páxina ao noso entroido e por En Común na publicación correspondente á 2ª quincena de febreiro 2015.
Ribeira Sacra, el Progreso, 27 - 03 -2015
En Común, 2ª Quincena Febrero 2015

martes, 24 de febrero de 2015

EU SON ROSALÍA: Adios ríos, adios fontes

      Participando na actividade Eu son Rosalía proposta desde a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) neste vídeo poderedes ver a nosa aportación ao Día de Rosalía. Intentamos achegar a súa figura recitando entre todos os nenos e nenas do colexio o poema Adios ríos, adios fontes

EU SON ROSALÍA

     Hoxe, 24 de febreiro, hai 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro e ata Google lle adica o doole ao seu aniversario ademais de agasallarnos cunha recompilación escollida de recursos sobre esta autora.
 
"Adios ríos, adios fontes,
adios regatos pequenos;
adios vista dos meus ollos 
non sei cando nos veremos."
     
     Facendo click na seguinte imaxe de Rosalía; podedes acceder á súa web na que encontrarás moita información sobre ela e toda a súa obra
http://www.rosaliadecastro.com/web_f.htm

    E no seguinte enlace un dos seus poemas máis coñecidos: Adios ríos, Adios fontes interpretado por Amancio Prada

    Para que poidades coñecer mellor a esta autora propoñémosvos esta actividade LIM elaborado polo equipo de biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda:
http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html


    E agora que xa coñeces mellor a Rosalía; podes realizar a actividade Eu son Rosalía proposta desde a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)   na que se trata de completar a frase Eu son Rosalía porque / cando / para...

jueves, 19 de febrero de 2015

Ciencia na biblioteca: DESDE O MAR Á FARMACIA

     María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober; ofreceu aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria unha charla científica sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"

    Como traballo de investigación previo os alumnos tiveron que buscar información para respostar ás preguntas que María Isabel lles preparou. Se queres resolver ti tamén as preguntas fai click no seguinte enlace:


http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/1753288/html5/desde_el_mar_a_la_farmacia.htm#!

      Durante este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir moitas datos sobre a investigavión en laboratorios, e a continuación puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente.





    Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no envasado e etiquetado.















INNOVATE 2

    Na derradeira actividade do alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria dentro do  programa da deputación Innovate2; seguimos a traballar na biblioteca para mellorar a educación documental no noso alumnado. 
   Para iso, a actividade de hoxe centrouse na busca de imaxes e fotografías a través dun navegador.

SOBRE O ENTROIDO

    Acaba de rematar o Entroido pero como non queremos perder ese espíritu de felicidade e alegría; aquí vos deixamos uns enlaces a libros LIM en castelán e en galego sobre esta celebración.

    Estes libros LIM foron elaborados pola mestra Ana Martínez

    O primeiro é sobre o conto PLUM  SE  DISFRAZA ou PLUM  DISFRÁZASE  xa que podedes escoller entre galego ou castelán  para escoitar o conto e facer as actividades.


--Url--------------- https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/PLUM/lim.swf?libro=plum.lim


    Outro libro é ENTROIDO NA CARBALLEIRA ou CARNAVAL EN EL BOSQUE que tamén podedes encontrar nos dous idiomas.
 http://www.chiscos.net/almacen/lim/entroido-anam/entroido-anam.html

O último é un conto para escoitar. Esperamos que vos guste.
--Url--------------- https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/ENTROIDO/lim.swf?libro=entroido.lim

lunes, 9 de febrero de 2015

EDUCACIÓN DOCUMENTAL

    Seguimos a traballar na biblioteca para mellorar a educación documental no noso alumnado. 

   Para conseguilo, os alumnos de 5º e 6º tiveron hoxe unha nova sesión de formación a través do programa da deputación Innovate2.


viernes, 6 de febrero de 2015

FORMACIÓN TIC

 
     A través do programa Innovate 2 da Deputación de Lugo, os nenos e nenas seguen a formarse no mundo das TIC´s.

    Os alumnos máis cativos reciben semanalmente cursos de iniciación ao manexo dun ordenador: as súas partes, uso básico do rato, programas de debuxo...
  
   E os maiores aprenden a traballar con procesadores de texto e reciben tamén Educación documental.



lunes, 2 de febrero de 2015

PUNTO DE INTERESE: O ENTROIDO

    Xa tedes a vosa disposición no punto de interese da biblioteca, algúns dos libros que tratan o tema do entroido.

    A que esperades para lelos?


CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI




O Concello de Sober convoca o I Certame de Debuxo Infantil Feira do Viño  de Amandi 2015, coa finalidade de elaborar un adhesivo co debuxo gañador, de acordo coas seguintes bases:

1.   Neste certame poden participar tódolos nenos, con idades comprendidas entre 6 e 12, dos centros de ensino da comarca  da Terra de Lemos.

2.   Os debuxos  deberán presentarse sobre cartolina tamaño aproximado DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA.

3.   Cada autor presentará un único traballo acompañado cunha folla cos seus datos persoais.

4.   O prazo de presentación dos traballo rematará o vindeiro 27 de febreiro, debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober.

5.   O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame.

6.   O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo.

7.   A entrega do premio terá lugar o día 29 de marzo, trala lectura do pregón da XXXV Feira do Viño de Amandi.

8.   A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.