jueves, 29 de octubre de 2015

HALLOWEEN - SAMAÍN

   O día 31 de outubro festéxase a festa de Samaín ou Halloween; como non imos a estar no centro ese día, adiantamos a súa celebración.
 
    Este ano fixemos tres actividades diferentes: lectura e creación literaria de contos de medo e a exposición de cabazas.

        Lectura de contos de medo: durante toda a semana, tivemos o punto de interese cheíño de libros e contos adicados a esta celebración. Pero en vez de estar na biblioteca, estivo na entrada do colexio onde todo o mundo podía pararse a ver os libros para lelos nos tempos de ocio ou levalos en préstamo.
 
   
   Hoxe pola tarde, Ángel e Aroa alumnos de 5º e 6º de Primaria nos contaron ao resto do colexio o conto Os tres bandidos onde os bandidos acaban non sendo tan malos como parecían.

   
   

    Creación literaria: despois de reflexionar como os contos ás veces non teñen os finais esperados; propoñémoslle ao noso alumnado un desafío de creación literaria: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberán rematar a historia utilizando o seu maxín. Esperamos que despois desta ponte, as historias que nos traian sexan sorprendentes.
 
 
   

  Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos: unha das actividades que máis lles gusta aos nenos é a exposición de cabazas ou lucecús terroríficos. Aquí tedes unha foto da exposición deste ano e dos morcegos que elaboraron con material de refugallo. 

 

  

lunes, 26 de octubre de 2015

viernes, 23 de octubre de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA 2015

    Dentro das actividades previstas para este día na biblioteca, contamos coa presenza de Estefanía Padullés a autora e ilustradora de libros infantís.

   Esta autora contoulles aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, o conto do seu libro O desexo do gato Klops. Os alumnos disfrutaron moito desta narración e puideron ver da man da súa autora as ilustracións orixinais feitas a acuarela.



Antes de marchar, a autora adicounos o seu libro, e unhas verbas para o noso colexio



   Por outra banda, os alumnos de Primaria asistiron ao taller: Como se fai un libro? no que Laura Rodríguez, representante de Hércules Edicións lles explicou todo o proceso de elaboración dun libro, desde o autor ata a librería; pasando polos ilustradores, tradutores, imprentas...


Tamén Laura nos adicou unhas verbas no libro de Lectuvín:




A BIBLIOTECA AGARDA POR TI

     O 24 de outubro é o Día da Biblioteca; pero como é sábado, hoxe venres aproveitamos para poñer en marcha a nosa biblioteca.


     Aquí vos deixamos un vídeo da nosa biblioteca para empezar as actividades con moita ilusión

https://www.youtube.com/watch?v=Gh7qte88dJ8

    
    Rematamos entregándolle a cada un neno un marcapáxinas do Colectivo Lemos Le, do que a nosa biblioteca forma parte.

    Neste punto de lectura inclúese o texto que Olga Novo nos adicou para este día.


viernes, 16 de octubre de 2015

DECORANDO AS VENTÁS

Queremos empezar con alegría o novo curso na biblioteca,
e que mellor que decorar as ventás cuns libros tan alegres?