jueves, 11 de abril de 2019

CIENCIA EN MOVEMENTO

  A través dos Contratos programa achegouse ata o cento o Museo Científico  Ciencia en Movemento  para instalarse na nosa biblioteca baixo o lema "prohibido non tocar".

    Un científico e a súa axudante foron os encargados de explicarnos de maneira moi amena e divertida todos os sorprendentes obxectos científicos que este museo traía nas diferentes áreas: movemento de corpos, electricidade e magnetimso, natureza, minerais, efectos ópticos, fractais, propiedade dos líquidos e dos gases, medicións, motores, enxeño, informática....

   Con esta actividade achegamos ao noso alumnado ás matemáticas e ás ciencias dunha maneira diferente e fascinante intentando fomentar a súa curiosidade científica: que forma fan as abellas no seu panal? cal é a proporción do corpo humano?

   Ademais os científicos facían preguntas para que os nosos alumnos formularan hipóteses e posteriormente puideran verificalas ou rectificalas facendo os pertinentes experimentos para acadar a resposta correcta e aprender que os erros poden levarnos á solución adecuada.

   Para mostra deixámosvos un vídeo no que desde ciencia en movemento nos explican un dos obxectos que máis lles chamou a atención: un paxaro equilibrista que nunca caía!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario