sábado, 30 de noviembre de 2019

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

   Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
 
     Xa subimos vídeos dos experimentos de 5º e 6º de primaria e hoxe é a quenda dos nenos e nenas máis pequenos; eles fixeron un volcán de espuma...Estade atentos!!




viernes, 29 de noviembre de 2019

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Leonor

    Hoxe Leonor e a súa mamá Cristina, estrenaron a actividade As familias contan deste curso.
 
   Elas leron o libro  O oso e o piano de David Litchfield; que conta a historia dun oso que atopa no bosque algo que non vira nunca: un piano!
   Que pasaría con oso e o piano? 
    Os nenos e nenas do colexio xa o saben porque estiveron moi atentos. Se vós tamén queredes saber o que pasa nesta historia...podedes escoitar o conto na seguinte emisión de Radiuvín (Música: Breaktime de Kevin MacLeod)


   Despois Cristina aínda contou un conto máis na clase de Leonor: Chibos, chibóns de Olalla Fernández.
 

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTARNOS  ESTES  CONTOS
VOLVEDE  CANDO  QUEIRADES!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

    Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
 
     Pouco  a  pouco iremos subindo os vídeos destas actividades para compartir coa comunidade educativa os resultados obtidos.
    Hoxe comezamos cos experimentos de 5º e 6º de primaria...a ver que vos parecen..

lunes, 25 de noviembre de 2019

25 - NOVEMBRO - 2019 DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   Hoxe 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Desde o centro sumámonos tamén ao Obxectivo 5 da Axenda 2030: Igualdade de xénero traballando a prevención deste tipo de violencia e intentando concienciar ao noso alumnado de que homes e mulleres somos iguais e temos os mesmos dereitos e obrigas a través de varias actividades.
  
      A primeira, foi do alumnado de 1º e 2º que traballou o conto Parella guai de Mon Daporta e fixo unha gravación do mesmo para compartir co resto da comunidade educativa.
   A segunda actividade realizada por monitoras de Dinamo, xestión de actividades culturais; foi un circuíto de xogos destinado a todo o alumnado do centro que lles fixo reflexionar sobre a igualdade de xénero.

   Os máis pequenos tiveron que varrer, limpar cristais, dobrar a roupa, envolver calcetíns, cambiar lámpadas...
 
 

  Os xogos do alumnado de Primaria non se centraron tanto nas tarefas da casa; eles fixeron actividades orientadas ao mundo laboral tendo en conta que calquera traballo pode ser desenvolvido por homes ou mulleres.

   Ambas sesións remataron co conto DANIELA PIRATA (Susanna Isern & Gómez), a historia dunha nena que quería ser pirata pero o capitán non a deixaba por ser muller ata que o resto da tripulación protestou e Daniela acabou sendo ela a capitana.
  
  E para que non se olvidaran da lección deste conto, cada un levou unha pulseira pirata!!
 
ESPERAMOS  QUE  ESTAS  ACTIVIDADES  SIRVAN  PARA  PREVIR 
ACTITUDES  SEXISTAS  ENTRE  O  NOSO  ALUMNADO.

viernes, 22 de noviembre de 2019

SEMANA DA MÚSICA 2019: A PERCUSIÓN

  Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por sétimo ano consecutivo a Semana da Música.

    Durante toda a semana, celebrouse un certame na biblioteca no que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de  instrumentos aos que se lle adicou este ano a semana musical: A  PERCUSIÓN.

    Para rematar as actividades, tivemos no centro a José Luís García, Profesor Superior de Percusión no Conservatorio Meste Ibáñez.
   El ensinounos moitas cousas sobre estes instrumentos e puidemos coñecer de cerca varios membros da familia. Comezamos coa caixa, nunha interpretación na que descubrimos as súas posibilidades sonoras xa que non só a tocou coas baquetas como estamos acostumados a oíla senón que tamén o fixo cos dedos e as unllas!!

   Continuamos coa Marimba, quizáis un dos instrumentos de percusión de altura determinada máis coñecidos. Para presentala, ademais de escoitar ao noso convidado, desfrutamos tamén dun dúo coa nosa alumna Laura.

   Outros instrumentos que xa coñeciamos no cole pero que José Luís nos presentou de forma máis profesional foron os instrumentos de pequena percusión: güiro, maracas, pandeireta, claves....
   E tamén aprendemos a diferenza entre caixa, tambor e tamboril que aínda que parecen semellantes son diferentes.
    Outra cousa que aprendemos hoxe foron os diferentes tipos de baquetas que existen dependendo do instrumento que vaiamos a tocar ou dos efectos que queiramos acadar.
 

   Para rematar o concerto non podía faltar a batería, o instrumento que máis lles chama atención aos nenos e nenas e co que o pasaron xenial!
 
  Ao finalizar o concerto, José Luís entregou os premios ao alumnado gañador do certame de investigación, que incluía un punto de lectura cunha clave de sol da nosa impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324) e tamén lle entregamos a el  unha peza de alfarería de Gundivós para agradecerlle a súa presenza neste concerto didáctico.
 
 

    E non podíamos dar por rematada esta actividade sen que o noso convidado pasara polos estudos de Radiuvín para compartir cos seus alumnos Laura e Darío unha entrevista que podedes escoitar no seguinte podcast. Ademais outra razón pola que tiña que pasar por Radiuvín é que varias das sintonías da nosa emisora (como a de Sobericias) son da súa autoría.


E  AGORA,  SE  QUEREDES  VER  MÁIS  MOMENTOS  DESTA  ACTIVIDADE,
PODEDES  FACELO  PREMENDO  NA  GALERÍA  DE  IMAXES.

FELIZ  DÍA  DE  SANTA  ICÍA!!!

jueves, 21 de noviembre de 2019

SEMANA DA MÚSICA 2019 - DÍA 4

 

PARA  REMATAR  OS  RETOS  DESTA  SEMANA  DA  MÚSICA,  IMOS  A  CENTRARNOS  NUN  DOS  INSTRUMENTOS QUE  MÁIS  LLE  CHAMA  A  ATENCIÓN  A  TODOS  OS  NENOS  E  NENAS: A  BATERÍA.

 

miércoles, 20 de noviembre de 2019

SEMANA DA MÚSICA 2019 - DÍA 3

 
O  RETO  DE  HOXE, IMOS  A  DIVIDILO  EN  DOUS.

AGORA  QUE  XA  SABEMOS  COMO  SE  CLASIFICAN  OS  INSTRUMENTOS  DE  PERCUSIÓN, O ALUMNADO  DE  1º  E  2º  DE  PRIMARIA  DEBERÁ  DEMOSTRALO  CLASIFICANDO  UNS  INSTRUMENTOS


O  ALUMNADO  DE  3º  A  6º  DE  PRIMARIA  DARÁN  UN  PASO  MÁIS  CUN  RETO  DIFERENTE


martes, 19 de noviembre de 2019

SEMANA DA MÚSICA - 2019 - Día 2

QUE  TAL  A  PROBA  DE  ONTE??

SE  ACERTACHES  AS  ADIVIÑAS,  XA  SABERÁS  QUE  ESTE  ANO  A  SEMANA  DA  MÚSICA  ESTÁ  ADICADA  AOS  INSTRUMENTOS  DE  PERCUSIÓN.

Na  proba de  hoxe  terás  que  completar  os  cadros que  fan  referencia  á  súa  clasificación  dependendo  do  material  que sona e do  tipo de son que producen incluíndo dous exemplos de cada.
MOITA  SORTE!!

lunes, 18 de noviembre de 2019

SEMANA DA MÚSICA 2019 - Día 1

     O 22 de novembro é Santa Icía, o día da patroa da Música. 



    Como cada ano teremos no colexio un concerto que nos achegue algún instrumento e teremos o concurso da Semana da Música consistente en 4 retos sobre o instrumento en cuestión.



     Cada día da semana, na porta da biblioteca encontrarás un acertixo ou unha proba... Os alumnos e alumnas que respondan o maior número de respostas correctas terán un agasallo!


    Comezamos cunhas pequenas  adiviñas:


Son unha caixa adornada
con dous paus para sonar,
na banda ou no colexio,
pódesme atopar.


Zumba que te zumba,
óese o meu son,
nas noites de Nadal
ata que aparece o sol.


Dúas caras redondas,
que grandísimas son!
Cun golpe tras outro,
produzo o meu son.


Teño unha gran boca
pero só teño un dente
e aínda estando no alto,
óeme toda a xente.


Instrumento musical,
de forma redondiña,
eu son esencial
si cantas unha panxoliña.


viernes, 8 de noviembre de 2019

MAGOSTO

    Esta é época de castañas e magostos... e, por suposto, no cole tamén facemos o noso!!
 

   Comezamos o día na biblioteca cos biblioaxudantes. Valentina falounos un pouco desta tradición e das diferenzas entre un ourizo de castaña e un ourizo mamífero.
  Zaira Salgado leunos o poema "O magosto" da obra Cantos de sol a sol de Xosé Neira Vilas:

Na punta da póla
o ourizo regaña
e dende as espiñas
axexa a castaña.

Castaña ridente
redondiña e chea
achégate ao lume
que hai festa na aldea.

Hai festa rachada
no cabo da eira, 
hai cantos e bailes,
castaña festeira. 

Ti es a señora
que chega na cesta
alma do magosto
raíña da festa.


    A continuación Pablo Pérez, recitou o poema "O ourizo" lo libro Os soños na gaiola de Manuel María:
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón,
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.

Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada,
e xa fuxiu a castaña...! 

   Podedes escoitar os dous poemas na emisión de Lecturradio de hoxe:


    Xa pola tarde foi o tempo de asar as castañas e  de  comelas

Podesde ver todas as fotos no enlace: