Un ano máis recibimos na biblioteca a Cristina, nai de Leonor, para participar na actividade "As familias contan". Nesta ocasión compartiron con nós o libro "O alcume" escrito por Gilles Baum.
Brais, o protagonista deste libro, está algo triste porque é o único neno do seu grupo de amigos que non ten alcume.
A Croques chámanlle así porque sempre está levando golpes, Cacahuete ten unha cabeza pequena pero é moi listo, a Malfadada sempre lle pasan cousas... pero Brais... Brais non ten alcume e gustaríalle ter un.
Na súa casa chámanlle rapazolo, michiño, cervato, meniño meu... máis eses non lle gustan!
Comeza a pensar que pode facer para merecer un alcume: se masca chicle todo o día e fai moitos globos poderían chamalo Bubble Boy, se levase un pano atado na cabeza igual lle chamarían ninja, cun bigote de chocolate parecería un mexicano... e así pasa días e días... e ademais segue triste porque non se lle ocorre nada.
Menos mal que ao final os seus amigos se decataron do que estaba pasando e propuxéronlle que o seu alcume fora "O gran xefe" porque era o que máis pensaba da cuadrilla e a el encantoulle así que... problema solucionado!!
Se queredes escoitar esta historia, podedes facelo no seguinte podcast que Cristina e Leonor nos deixaron en Radiuvín.
Grazas por contarnos este conto tan divertido pero lembrade que os alcumes ás veces poden facer dano; así que tede coidado con eles.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg) 
 .jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg) 
 

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
