Esta vez ofreceulles aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria unha charla 
científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade 
farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"
    Durante
 este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir 
moitas datos sobre a investigación en laboratorios, e a continuación 
puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente; incluso reflexionar sobre que eles poden ser futuros investigadores .
   Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para
 o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas 
indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no 
envasado e etiquetado achegándose así ao método científico.
Aos nenos e nenas gustoulles moito utilizar colorantes como os das piruletas e pensar que a ciencia está presente na vida diaria sen que tomemos conciencia dela.
   Unha vez as sales están listas só falta completar as etiquetas e disfrutar dun baño relaxante e hidratante con elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario