Como sabedes, este ano o programa Voz Natura no que participa o noso centro ten como lema Sementa ideas, recolle futuro.  
    Este lema, pareceunos un bo punto de partida para que investiguedes sobre a agricultura: tipos de cultivos, produtos ecolóxicos, pesticidas químicos e naturais...
    Realizaremos esta investigación a través de tres miniquest que vos presentamos a continuación:
   Coa primeira miniquest empezaredes por averiguar cales son os produtos que cultivamos no noso horto  buscando resposta as seguintes preguntas:
Que é unha verdura?
Que é unha hortaliza?
    Coa segunda miniquest investigaremos sobre os produtos ecolóxicos: 
Que son? 
Cales son as súas vantaxes? 
Que é un pesticida?
Cales son es pesticidas naturais ou biolóxicos?

No hay comentarios:
Publicar un comentario