Esta vez foron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria os que escoitaron atentamente a charla 
científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade 
farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"
   
 Durante
 este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir 
moitas datos sobre a investigación en laboratorios, e a continuación 
puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa 
ponente; incluso reflexionar sobre que eles poden ser futuros 
investigadores .
   Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para
 o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas 
indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no 
envasado e etiquetado achegándose así ao método científico.
    Aos nenos e nenas gustoulles moito observar os exemplares de algas e outras especies mariñas disecadas que María Isabel nos trouxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario