Hoxe estivo na biblioteca o músico e compositor Héctor Lorenzo presentándonos algunhas das súas musicalizacións de poesías. 
    Foi un espectáculo participativo no que os alumnos puideron cantar con el algunhas das poesías musicalizadas e acompañar con palmas e movementos.
   Esperamos poder contar pronto co seu libro-disco na biblioteca; mentres quedamos con estas dúas poesías que xa aprendemos:
A  PULSEIRA
- Teño unha pulseira de diamantes
con pombiñas de cristal.
Queres que che faga outra igual?
- Sí, papá
- Teño unha pulseira de cristal
con pombiñas de diamantes.
Queres que che faga outra como a de antes?
- Sí, papá
A  SERRÁ  DE  PAPÁ
Ris, ras, ris, ras
é a serra de papá
ras, ris, ras, ris
a que fai ese ruído
ris, ras, ris, ras
cando cantan pola mañá
ras ris ras ris
os paxaros no seu niño
ris ras ris ras
porque o sol se levantou
ras ris ras ris
cun sorriso no fociño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario