Despois dun gran traballo de investigación por parte dos alumnos sobre o cambio climático e as súas consecuencias, e dun gran traballo de redacción e ilustración do conto; os alumnos de 1º e 2º acaban de verse recompensados coa súa elección como finalistas nacionais do XII Concurso de contos Solidarios da campaña Un juguete, una ilusión.
    Desde o Equipo de Biblioteca, estamos moi orgullosos do traballo 
realizado por estes nenos e nenas; tanto como polo realizado polos seus compañeiros e compañeiras de 5º e 6º que aínda que non chegaron a ser finalistas, tamén se
 esforzaron moito na elaboración do seu conto.
   No seguinte enlace podedes recordar o conto de 1º e 2º:
    Se vos gustou, podes votar por el seguindo uns sinxelos pasos:
1) Vai a páxina www.unjugueteunailusion.com/concurso-de-cuentos/ 
2) Desplega o menú: CUENTOS  FINALISTAS  PRIMER  CICLO
3) Marca o círculo que está diante do noso centro Colegio CEIP Plurilingüe Virxe do Carme
4) Preme no cadrado VOTAR
Podes votar unha vez desde cada dispositivo: móbil, tablet, ordenador...



No hay comentarios:
Publicar un comentario