Cargadiñas de materiais textuais, contidos multimedia e actividades viaxeiras, as mochilas  viaxeiras de Primaria, empezan a súa andaina polas casas do noso alumnado esperando que vos axuden a disfrutar en familia do pracer da lectura. 
    Estas mochilas inclúen o diario da mochila, que é un caderno para a colaboración das familias; 
onde poderedes incluír as vosas opinións, reflexións, suxestións, fotos 
cos materiais da mochila, debuxos, textos... o que queirades relacionado
 co paso da mochila pola vosa casa.
    Tamén encontraredes o libro viaxeiro "Lectuvín vai de viaxe" este libro é un espazo para a creatividade no que cada alumno/a irá escribindo un texto que complete os dos seus compañeiros/as e unha ilustración que reflicta o ocurrido. 
   Esperamos que compartir estas mochilas e os materiais que inclúen, sexa un pracer para vós


No hay comentarios:
Publicar un comentario