O Día Mundial do Libro,
 o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario nas bibliotecas. 
    Coma en anos anteriores, a 
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un 
pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. 
Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes:
 "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos 
explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como 
se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..." 
     Estes dípticos repartíronse entre o alumnado de Primaira, mentres que os alumnos de educación Infantil fixeron para sí, outros realmente monstruosos:






No hay comentarios:
Publicar un comentario