Os nosos alumnos participaron nas actividades propostas pola biblioteca do Concello de Soberpara celebrar o DÍA DO LIBRO 2017.
- BookCrossing: liberamos libros no parque infantil de Sober.
- A volta ao mundo en 80 libros : nun mapamundi fomos colocando etiquetas con títulos de libros e autores dos países por onde transcurre a ruta ideada por Jules Verne no seu libro "A volta ao mundo en oitenta días" .
Grazas a  Phileas Fogg,
 cabaleiro inglés protagonista desta aventura, coñecemos moitos países, 
os seu monumentos, bandeiras , medios de transporte da época e sobre 
todo aos escritores máis representativos dos lugares  polos que Fogg, Passepartout ,  Fix e Aouda viaxan durante  80 días  : LONDRES, PARÍS, BRINDISI, SUEZ, BOMBAY, CALCUTA, HONG-KONG, XAPÓN, SAN FRANCISCO, NOVA YORK  e xa de volta para Inglaterra. 
Neste
 panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén 
de todas as persoas do concello de Sober que quixeron deixar a súa 
pegada "literaria "  para participar na celebración do DÍA DO LIBRO 2017.




- V Mercadillo de libros : aproveitamos unha boa tarde de primavera para salir cós libros ata o parque e poder ofrecelos a todas as persoas que pasaron a visitarnos.

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario