Todos os anos nosa biblioteca participa no Certame Mulleres de Lemos organizado polo Colectivo Lemos Le  coa finalidade de dar a coñecer e promover figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
O certame do ano pasado estivo dedicado a Genoveva González Prieto unha mestra do século XX do concello de Bóveda comprometida coa ensinanza na Galiza rural.
   Unha das actividades deste certame é o obradoiro que se desenvolve en
 colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de 
Lemos e que consta nun traballo de reflexión sobre a vida desta mestra e a época á que pertence e a posterior elaboración dun libro que plasme en imaxes 
esta reflexión. 
    As ilustracións son feitas por alumnos de todos os centros públicos e concertados da Comarca de Lemos e con elas o CIM elabora un libro que se entregou hoxe pola mañá aos centros participantes no centro cívico de Monforte.
    Ademais do libro, puidemos ver a proxección do conto coa voz en off da xornalista Manola Porto.
Durante a proxección vimos a nosa escena que corresponde ao seguinte texto:
Pasados tres anos dende a voda, no 
1936, Genoveva decidiu presentarse a unha oposición para obter unha 
praza de mestra, oposición que posteriormente anularon polo que Genoveva
 tivo que continuar como mestra interina en Ferreiros.
Tocoulle xustamente o inicio da 
Guerra Civil, tempo de moito conflito que foi a causa da anulación da 
oposición. Nesta época moitos homes e mulleres sufiron e os seus 
dereitos foron arrebatados; ás mulleres, especialmente, pois se lles 
retiraron dereitos que alcanzaran con moito esforzo e volvían ser 
tratadas como se foran de segunda clase, precisando incluso da 
autorización por escrito dos seus maridos para realizar xestións 
administrativas. 






No hay comentarios:
Publicar un comentario