O 2 de abril,  data do nacemento do 
escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY propón a celebración do 
 Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros
 infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
       Este ano o autor seleccionado para escribir unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, foi o ilustrador e escritor lituano Kestius Kasparavicius baixo o título Os libros fannos acougar. No seguinte audio podedes escoitar o seu manifesto nas voces de Senén, Uxía, Aitana, Pablo e Loïc.
Desde a biblioteca traballamos o libro ¿De qué color es un beso? de Rocío Bonilla. Un libro que trata sobre os sentimentos que nos producen os bicos e nos axuda a descubrir a variedade de sensacións que podemos experimentar con eles.
Para achegarllo ao noso alumnado, os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 e 4 anos, elaboraron este vídeo no que ademais de pasar pola radio para poñerlle voz ao texto axudados por Jorge, pasan a formar parte das súas páxinas. Mirade atentos!!
Despois do visionado na biblioteca, fixemos un traballo de reflexión sobre o libro e cada un dos nenos e nenas do colexio, fixo un corazón representando e explicando cal sería a cor dos seus bicos.



 
  
 
  




No hay comentarios:
Publicar un comentario