Como Antonio Fraguas, quixemos achegarnos á nosa cultura e á nosa tradición; por iso, o alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un traballo de recompilación de lendas da nosa zona e compartiunas cos anciáns da Residencia Virxe do Carme de Sober; pasando así con eles un ratiño de lecer.
   Despois desta pequena convivencia, eles agasalláronnos cunhas pulseiras feitas nos obradoiros que realizan e nós levámoslles uns chaveiros do colexio deseñados na clase de INEIN.
 Unha experiencia diferente que esperamos repetir en vindeiras ocasións!!













No hay comentarios:
Publicar un comentario