Son varias as actividades que fixemos este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado a Antonio Fraguas:
 programas radiofónicos, participación na II Escaleira Literaria, 
lecturas compartidas na Residencia Virxe do Carme, achegamento aos 
monumentos do noso Concello... 
| Imaxe RAG | 
   Pero para coñecer mellor a este autor, lemos o libro As miñas primeiras Letras Galegas. Antonio Fraguas de Os Bolechas da que se encargaron os biblioaxudantes Adrián e Pablo
 e na que nos enteramos de moitos contos de cobras que parece que 
Antonio Fraguas oíu de pequeno: cobras que rodan, cobras que hipnotizan,
 cobras que matan... 
   Ademais o libro inclúe unha pequena biografía do autor co que coñecemos moitos máis detalles da súa vida. 

No hay comentarios:
Publicar un comentario