O
 pasado venres 3 de maio, o alumnado de 3º a 6º de primaria, puido
disfrutar da experiencia da xeolocalización da man de Pablo Sanxiao, das 
Asociacións Ghandalf e Xeoinquedos en colaboración con Rocío e Elías; papás da nosa compañeira Antía.
      A
 actividade deu comezo, facéndonos pensar en como poderíamos representar
 Sober nun papel, e aínda que ao principio todos ou case todos comezaron
 a escribir unha redacción ou facer un debuxo dalgún elemento 
característico de Sober, ao final foron deseñando os seus propios 
mapas.
     Esta
 primeira actividade serviunos para reflexionar acerca dos diferentes 
tipos de mapas, dos elementos que podemos atopar neles e como representalos.
Ademáis, puidemos coñecer outras curiosidades como:
Ademáis, puidemos coñecer outras curiosidades como:
- Os mapas sempre deben estar orientados cara o Norte.
- Nalgúns países como Chile, hai algunhas propostas para poñer os mapas "ao revés" e que o seu país quede na parte superior do mesmo.
- Ou repasar contidos xa traballados na escola como: a escala, as lendas...
      Esta
 pequena reflexión, deu paso á actividade estrela: "demostración de 
voo cun Dron". Todos xuntos saímos á entrada da escola e Pablo nos 
ensinou como funciona o Dron e como o hai que programalo para que poida 
percorrer o terreo seleccionado e ir sacando fotografías que despois 
pasamos ao ordenador.
    Pero...xa
 que o Dron andaba pola escola...quixemos tamén aproveitar para 
ensinarllo aos máis peques do cole e sacar unha fotografía conxunta 
dende as alturas.
    Coa
 axuda do programa OpenStreetMap, o noso alumnado empregou as imaxes que o dron fixera previamente para ter unha capa actualizada dese mesmo día e así situar os puntos da nosa contorna correctamente; xeorreferenciaron a nosa escola, o Centro de Saúde, o 
Concello, as farmacias da nosa vila, o banco... 
     De maneira colaborativa e coa axuda de Pablo, Rocío e Elías, puideron ir completando os puntos de referencia do noso Concello.
   Para rematar, Pablo pasou polos estudos de Radiuvín nos que lle fixemos unha entrevista para saber máis sobre el e sobre todos estes programas.
Foi unha experiencia incríble que seguro que os nosos cativos non esquecerán fácilmente!
E para que Pablo tampouco se esqueza de nós, quixemos entregarlle uns agasallos:
un recordo de alfarería de Gundivós e un lote de libros local.
GRAZAS, PABLO, POR ADICARNOS ESTA MAÑÁ!!
E GRAZAS A ELÍAS E ROCÍO, POLA SÚA ORGANIZACIÓN!!
GALERÍA DE FOTOS
ENLACE Á PUBLICACIÓN DA ACTIVIDADE EN GHANDALF
E para que Pablo tampouco se esqueza de nós, quixemos entregarlle uns agasallos:
un recordo de alfarería de Gundivós e un lote de libros local.
GRAZAS, PABLO, POR ADICARNOS ESTA MAÑÁ!!
E GRAZAS A ELÍAS E ROCÍO, POLA SÚA ORGANIZACIÓN!!
GALERÍA DE FOTOS
ENLACE Á PUBLICACIÓN DA ACTIVIDADE EN GHANDALF





















No hay comentarios:
Publicar un comentario