XA  RECIBIMOS  A  PRIMEIRA  EMISIÓN  DO  PROGRAMA  COÑECENDO  OS  NOSOS  CONCELLOS  DESTE  CURSO!!!
   A CONTINUACIÓN  DEIXÁMOSVOS  A  SÚA  RESEÑA  E  O  ENLACE  Á  EMISIÓN:
    Este curso continuamos co proxecto intercentros de radio colaborativo co
 CEIP Virxe do Carme de Sober. 
    No seu último programa preguntábannos 
polos monumentos do noso concello así que acompañados polo técnico de 
cultura do concello, Xosé Gago, saímos de excursión para coñecer as 
igrexas románicas coas que conta o noso concello. 
   Outras fontes de 
información foron as veciñas Nélida, Admirable e Marga e Secundino, que 
nos contou unha lenda. Froito desta información emitimos o noso 
programa. 
NON  TARDAREMOS  EN  RESPOSTARVOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario