Con motivo de Santa Icía, patroa da música, a semana pasada celebramos por oitavo ano consecutivo a Semana da Música.
    Durante esta semana, celebramos un certame na biblioteca a través da aula virtual no que 
cada día ían aparecendo  na aula virtual diferentes probas para que o alumnado 
investigase e averiguase moitas cousas sobre a familia de instrumentos aos que se lle
 adicou este ano a semana musical: VENTO METAL.
    Comezamos por ver un vídeo que gravamos co noso compañeiro César de 6º de Primaria que nos presentará ao seu instrumento: o trombón.
   Despois os alumnos accederon ás súas aulas virtuais para realizar a tarefa de cada día:
LUNS: familias de instrumentos
MARTES: o trombón 
MÉRCORES: o trombón na orquestra 
XOVES  e  VENRES  de  investigación: quen toca o trombón? 
  Para rematar, fixémoslle entrega duns agasallos a aqueles alumnos/as que participaron e un agasallo dobre aos que contestaron correctamente a todas as tarefas.
 NORABOA  A  TODOS!!




No hay comentarios:
Publicar un comentario