Nesta ocasións contamos con dúas músicas invitadas ben coñecidas por todos: Lucía Rodríguez que toca o clarinete e Pilar Vence que toca a trompa. Nos seguintes vídeos poderedes coñecer os seus instrumentos, escoitalos e saber máis sobre elas.
    Despois de gravar o vídeo,  elas foron por todas as aulas do colexio para que os compañeiros e compañeiras puidesen escoitar e ver o seu instrumento en primeira persoa. Unha experiencia musical diferente e estupenda para achegar a música ao noso alumnado!!
   Outra das actividades da Semana da Música é o certame no que lle propoñemos ao alumnado preguntas sobre os diferentes instrumentos para que investiguen e descubranmoitas cousas sobre a familia de instrumentos aos que se lle
 adicou este ano a semana musical: o VENTO. Para rematar a semana, fixemos entrega dos premios aos nenxs que responderon correctamente e a todos os demais un agasallo por participar.
FELIZ  SEMANA  DA  MÚSICA!!









No hay comentarios:
Publicar un comentario