O venres día 31 celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago os Encontros do Plan de Mellora de bibliotecas Escolares 2022/2023 onde nos reunimos os coordinadores e coordinadoras das bibliotecas que formamos parte do PLAMBE.
   Durante estes encontros escoitamos intervencións de 
expertos que nos falaron sobre intelixencia artificial,  tendencias e innovación en bibliotecas, selección de literatura... e experiencias doutros centros entre os que se incluíu o noso, que xunto ao IES Pino Manso de O Porriño falamos sobre ALFIN (Alfabetización Informacional).
     Se queredes coñecer a información que compartimos nos encontros cos outros centros escolares sobre o que nós facemos para alfabetizar ao noso alumnado, podedes consultar a seguinte presentación:
   Como coordinadora do Equipo de Biblioteca, 
quero dar as grazas a todxs xs compañeirxs do cole que traballan para levar a cabo todas estas actvidades e aprendizaxes e á Asesoría de Bibliotecas Escolares 
por contar coa nosa experiencia para estes encontros.




No hay comentarios:
Publicar un comentario