O 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde para recoñecer a súa importancia como un dereito básico e universal recoñecido tamén na Axenda 2030 que propón Saúde e Benestar como un dos seus obxectivos.
Este ano realizamos unha actividade co IES Daviña Rey que nos convidou a pasar unha mañá co alumnado do Ciclo Medio de Coidados auxiliares de enfermaría co que aprendemos moito sobre o coidado da saúde.
Alí ensináronos a facer unha RCP: os máis pequenos aprenderon cunha versión da canción infantil Había una vez un barquito chiquitito na que aprenderon a técnica cun peluche e memorizaron o número de emerxencias 112, os maiores aprenderon a facela entre eles e os dos últimos cursos con maniquíes e desfibriladores.
Tamén nos fixeron fincapé na hixiene dental para o que lles puxeron un vídeo e lles ensinaron como cepillarse correctamente. Tamén limparon unhas dentaduras e subiron a unha cadeira de dentista explicándolles para que era cada aparato e os instrumentos que se utilizan nunha consulta dental.
Outro obradoiro centrouse no coñecemento do propio corpo a través do recoñecemento dos ósos nun esqueleto, de xogos como Potato ou Operación e de realidade aumentada.
Entre tanta aprendizaxe tamén houbo tempo para repoñer forzas, para xogar ao aire libre e para coñecer a súa biblioteca e poñer a mente a funcionar con algúns dos recursos dispoñibles nela.
MOITAS GRAZAS AO IES DAVIÑA REY POR ESTA XORNADA TAN PROVEITOSA!!


.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg) 
 .jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg) 
 .jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario