A piques de comezar as vacacións de Semana Santa, o alumnado do cole tivo que enfrontarse a unha busca do tesouro de Pascua.
Para comezar os biblioaxudantes de 6º léronnos a fábula "O verdadeiro coello de Pascua" que conta a historia dunha familia de coellos que debe entregar os ovos de Pascua aos nenos da casa verde con xardín.
Despois do conto os nenos e as nenas dividíronse por equipos de coellos de cores coas súas graciosas orellas.
E a continuación comezou a busca do tesouro para a que tiñan que superar diferentes probas pero para saber por onde tiñan que comezar tiñan que descifrar a primeira pista en inglés.
A primeira proba era doada se estiveron atentos á fabula xa que se trataba de resolver un encrucillado con datos da historia.
A segunda proba era un circuíto de equilibrio para coellos no Salón de Actos.
A terceira fase que había que superar unha proba de puntería.
O penúltimo reto consistía en facer dous coelliños co trangram clásico e resolver un tangram oval impreso coa impresora 3D.
Unha vez rematado o xogo e con todas as probas superadas, os equipos puideron saborear os doces ovos de chocolate!!
Para acabar o día, o alumnado puido disfrutar dunha sesión de cine na biblioteca.
 
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario