Este mércores tivo lugar a Xornada de Formación de Biblioteca Creativa 2024-25, inaugurada polo Conselleiro de Educación na que participamos todos os máis de 200 centros que formamos parte do proxecto Biblioteca Creativa.
Nesta xornada puidemos asistir á ponencia incial Tecedoras de soños, escritoras de historias sobre as tecedoras galega:, o seu oficio, os instrumentos que utilizaban, a vida que levaban, os deseños que empregaban... e participar en dous obradorios. No primeiro, Salto de páxina. Unha aproximación ao libro de artista, experimentamos diferentes formas de darlle unha segunda vida aos libros do expurgo con Lucía Romaní Fernández.
.
No segundo obradoiro, Bordar o camiño de volta á casa. Mapas téxtiles, a cargo de Bea Lema Rivera puidemos bordar o mapa do camiño que nos leva á nosa casa cuns fíos que tiñan reservada unha sorpresa: brillaban coa luz negra!
Rematou a xornada cunha sesión na que diferentes centros compartiron as súas experiencias das que seguro que aproveitamos moitas ideas!
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario