Con eles coñecemos a Esquío que é o protagonista da historia. Un día el comeza a escoitar sons novos no bosque: a chamada do cuco, o zunido dun abesouro, o voo dunha anduriña... e atopa unha preciosa flor crecendo no bosque: CHEGOU A PRIMAVERA!!
Esquío quere quedarse coa flor para el só pero quere protexela tanto do vento, da auga, dos abellóns... que igual é demasiado; sabedes que necesitan as plantas para vivir?
Ademais Esquío ten medo de que lle rouben a flor, pero os seus amigos explícanlle que as flores silvestres non pertencen a ninguén, crecen no campo para todos.
Esquío tamén aprende moito sobre a polinización, as necesidades das flores, a importancia das flores para os animais e para as persoas...
E se vós queredes aprender todas estas cousas sobre a natureza e a primavera, podedes escoitar o seguinte podcast que Santi e Xiana gravaron en Radiuvín
MOITAS GRAZAS POR VIR A LERNOS ESTE LIBRO IDEAL PARA APRENDER A GOZAR DA NATUREZA E DA PRIMAVERA!!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario