viernes, 4 de septiembre de 2015

BENVIDOS A UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA!!


    Comeza un novo curso e con el un novo lema e un novo cartel para a campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

"BIBLIOTECA  ESCOLAR,  BASE  DE  EXPLORACIÓNS"

     A imaxe do cartel é do ilustrador e autor de cómic Fran Bueno e pretende espertar o interese pola bibioteca que debe ser a base desde a que explorar o mundo real e os mundos imaxinarios a través de todos os seus recursos.

     Esperamos que a biblioteca sexa este curso un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; un espazo integrador cheo de oportunidades e aprendizaxe; en definitiva, un espazo que chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, botan ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. 

Convidamoste a explorar o mundo e a compartir o aprendido.

Texto: Asesoría de Bibliotecas Escolares