jueves, 17 de diciembre de 2015

CERTAME POSTAIS DE NADAL

    Como cada ano, participamos no certame de postais da Biblioteca Pública Municipal do noso Concello.

   Unha das condicións é utilizar material de refugallo na súa elaboración para seguir coa temática de respecto á natureza.
     
    Os alumnos e alumnas de infantil empregaron piñas e botes de natillas para elaborar estas fermosas árbores de Nadal, cheas de bos desexos:

   O alumnado de Primaria, empregou tubos de papel para as portadas das súas postais; convertíndoos en renos, un coro de nenos ou Papá Noel:



   Agora, as postais adornan a entrada ao noso centro:

lunes, 30 de noviembre de 2015

ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS


    Este é o comezo do libro máis lido e traducido da lingua galega: Memorias dun neno labrego. Esta novela, que se publicou no ano 1961 e é clave na narrativa galega do século XX, chegou á edición número 35 e leva vendidos máis de 600.000 exemplares. 

    O seu autor Xosé Neira Vilas, faleceu o día 27 de novembro na súa casa de Vila de Cruces. 

    Consulta máis datos sobre autor nos seguintes enlaces:

- BIOGRAFÍA
- BIBLIOGRAFÍA
- PREMIOS  E  RECOÑECEMENTOS 
- MEMORIAS  DUN  NENO  LABREGO (Libro en liña)
- FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS

    Vídeos interesantes:

- XOSÉ NEIRA VILAS fala sobre a súa inspiración para escribir Memorias dun neno labrego:

- Conferencia do autor nos Encontros do Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares de Galicia no ano 2011.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=242




viernes, 27 de noviembre de 2015

CIENCIA NA BIBLIOTECA: MESTURAS

       O alumnado de 5º e 6º experimentou sobre as mesturas homoxéneas e heteroxéneas con diferentes materiais. Esta actividade fíxose seguindo todos os pasos de maneira científica: formulación de hipótese, experimentación e recollida de información achegándose así ao método científico.



PRENSA: FINALISTAS NO CONCURSO DE CONTOS SOLIDARIOS





martes, 24 de noviembre de 2015

XII CONCURSO DE CONTOS SOLIDARIOS

    Despois dun gran traballo de investigación por parte dos alumnos sobre o cambio climático e as súas consecuencias, e dun gran traballo de redacción e ilustración do conto; os alumnos de 1º e 2º acaban de verse recompensados coa súa elección como finalistas nacionais do XII Concurso de contos Solidarios da campaña Un juguete, una ilusión.
    Desde o Equipo de Biblioteca, estamos moi orgullosos do traballo realizado por estes nenos e nenas; tanto como polo realizado polos seus compañeiros e compañeiras de 5º e 6º que aínda que non chegaron a ser finalistas, tamén se esforzaron moito na elaboración do seu conto.
  
   No seguinte enlace podedes recordar o conto de 1º e 2º:
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/todos_contra_el_cambio_clim__tico__

    Se vos gustou, podes votar por el seguindo uns sinxelos pasos:


2) Desplega o menú: CUENTOS  FINALISTAS  PRIMER  CICLO

3) Marca o círculo que está diante do noso centro Colegio CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

4) Preme no cadrado VOTAR


Podes votar unha vez desde cada dispositivo: móbil, tablet, ordenador...

PARABÉNS  AOS  NENOS  E  NENAS!!!!

lunes, 23 de noviembre de 2015

PREMIOS DO CONCURSO RECICLÓN

 

   Hoxe tivemos unha sorpresa na biblioteca!! 

   Xa podemos disfrutar dos premios que nos chegaron cos cartiños que se gañaron o ano pasado no concurso "Un bosque de cuento" organizado por Reciclón.

  Mirade cantas cousas novas para a nosa biblioteca: tablets, dicionarios, atlas, libros, xogos, agasallos para os gañadores, xogos de sombras con personaxes de contos...

Podedes escoitar o conto no seguinte vídeo:

viernes, 20 de noviembre de 2015

CONCERTO DIDÁCTICO SANTA CECILIA

    Para celebrar a festividade de Santa Cecilia, hoxe no colexio tivemos un concerto didáctico.
 
    Como os nenos e nenas de Sober están moi acostumados aos instrumentos da banda; nesta ocasión decantámonos por instrumentos galegos tradicionais: gaita e percusión.

 
   
    Neste concerto acompañáronnos catro membros da Escola Municipal de Gaitas de Monforte de Lemos e explicáronnos moitas cousas da gaita e dos principais instrumentos de percusión.

     Agora tedes que investigar sobre estes instrumentos para cubrir as fichas que vos repartimos: 

a ver canto sodes capaces de averiguar!!

   Nos seguintes enlaces podedes volver a escoitar algunhas das pezas que tocaron:



miércoles, 18 de noviembre de 2015

O OBRADOIRO CARTAS DE AMOR NA PRENSA

LA  VOZ  DE  GALICIA, 18 - 11 - 2015

RECETARIO DE OUTONO

    Cada época do ano ten uns produtos típicos dela e o outono non podería ser menos: castañas, cogomelos... A continuación vos deixamos o recetario que elaboraron algúns nenos e nenas de 5º e 6º e as imaxes da súa degustación:
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/recetas_de_oto__o?e=20569857/35087702
 



lunes, 16 de noviembre de 2015

OBRADOIRO: CARTAS DE AMOR

   Como sempre dicimos, a lectura, os contos e a biblioteca están presentes en todos os ámbitos da vida e sobre todo, da vida escolar.

   Hoxe podemos comprobalo cos obradoiros CARTAS DE AMOR impartidos por Dona Gloria Isabel Serrato Azat e promovidos pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do Concello de Sober.

    Nestes obradoiros traballouse na educación pola igualdade efectiva entre homes e mulleres realizanto actividades co alumnado que lles fixeron reflexionar sobre os roles de cada quen: oficios, xogos, ditos...

    Para os nenos e nenas de educación Infantil, o punto de partida foi o conto "A princesa diferente"

    Hai non moito tempo, e nun lugar non tan afastado, vivía unha princesa que se chamaba Alba Aurora, a cal tiña unha fermosa cabeleira negra a media melena, o suficientemente longa como para que non se lle enredase nas ramas das árbores ás que lle gustaba subir polas mañás para ver o amencer antes que ninguén.

    Alba Aurora era moi delicada e amable; pero tamén moi áxil e deportista e encantáballe ir a escalar todos os sábados montañas ou ir a acampar na praia.

    Un día escoitou un ruído na súa ventá. 

    - Quen será? -  preguntouse. 

    Era nada máis nin nada menos que o Príncipe Azul que viña a rescatala; segundo lle explicou.

    - Pero a rescatarme de que? - preguntou Alba Aurora

    - Non sei - dixo algo desorientado o Príncipe Azul - quizais dun bruxo malvado ou dun dragón malhumorado ou dun ogro enorme?

    - Pero se non coñezo ningún bruxo malvado, ningún ogro enorme e, peor aínda, ningún dragón malhumorado! Ademais se así fose, seguro que xa houbese encontrado eu mesma a forma de liberarme" - dixo Ala Aurora.

    O Príncipe moi triste ao decatarse de que non tiña que facer nada, dispúxose a baixar pola ventá por onde subira pero Alba Aurora preguntou:

    - Coñeces a muralla chinesa?

    - A muralla chinesa? Pois non! - exclamou o Príncipe.

   E nin ben rematou de dicir que non, ela colleuno do brazo, baixaron xuntos pola ventá, subiron na moto e fóronse xuntos a coñecela.  Así foi como a princesa diferente e o Príncipe Azulforon a percorrer o mundo e se fixeron amigos.

   E colorín colorado, este conto ten comezado...

(Educando en Igualdade. Guía para Educación Infantil
Realizado por FETE - UGT en colaboración co Instituto da Muller e o Ministerio de Igualdade)


Para ver máis imaxes desta actividades preme no seguinte enlace:

viernes, 13 de noviembre de 2015

XORNADAS MICOLÓXICAS 2015


   Como estaba previsto, hoxe pola mañá os nosos nenos e nenas, saíron aos arredores do colexio para recoller setas e cogomelos.
    Esta actividade gústalle moito ao noso alumnado que disfruta pescudando entre as árbores, as matas, as pedras... ata encontrar exemplares de todo tipo e tamaño:
  
    
    Nesta xornada acompañounos Ramón Losada Pérez tanto na saída ao campo como na súa posterior clasificación e explicación. Foi un pracer contar coa súa presenza polo que desde aquí queremos darlle as grazas por pasar con nós este día.
  
 

Se queredes ver máis fotos desta xornada tan interesante na que aprendemos moitas cousas e o pasamos moi ben, podedes premer no enlace seguinte:

Para recordar algunhas das cousas aprendidas hoxe, podes premer na seguinte imaxe: 
 
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/recuerda_lo_que...setas

    Tamén podes ler o fermoso libro que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil, recollendo todo o aprendido; seguindo o enlace da imaxe:

http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/libro_de_las_setas
 

XII CONCURSO DE CUENTOS SOLIDARIOS: UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN

    Xa temos os contos resultantes do XII Concurso de Cuentos Solidarios da Fundación Un juguete, una ilusión.
    
    Con estes contos preséntamos ao concurso; pero gañemos ou non, o Equipo de profesores de Biblioteca estamos moi contentos co traballo feito polo noso alumnado que se esforzou moito tanto no texto coma nas ilustracións.

  TODOS CONTRA EL CAMBIO CLIMÁTICO é o conto que representa ao alumnado de 1º e 2º.
  O XOGO E O CAMBIO CLIMÁTICO é o conto que representa ao alumnado de 5º e 6º. 

Para velos, só tes que seguir o enlace das imaxes:

http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/todos_contra_el_cambio_clim__tico__

http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/o_xogo_e_o_cambio_clim__tico__3___c

martes, 10 de noviembre de 2015

RENOVACIÓN DE MOBILIARIO E EQUIPOS INFORMÁTICOS

Pouco a pouco imos renovando o mobiliario da biblioteca e os equipos informáticos.

Mirade cantas cousas novas:

As pantallas dos ordenadores
As cadeiras e as mesas dos ordenadores





Un novo andel para a zona Infantil



Un moble expositor de revistas para a zona de lectura