sábado, 31 de enero de 2015

DÍA DA PAZ - 2015

   A continuación podedes ver a reseña sobre a nosa celebración do Día da Paz que publicou o xornal La Voz de Galicia o sábado día 31.

miércoles, 28 de enero de 2015

DÍA DA PAZ - 2015

Este ano adicaremos o Día da Paz a Elmer.

Non sabedes quen é Elmer?

Pois Elmer é un elefante creado polo autor David McKee que en vez de ser de cor gris está feito de retallos de cores.
    Pero aínda que é moi diferente ao resto de elefantes da manda todos o queren moito e lles encanta estar con el.
 
    No seguinte vídeo podes escoitar o conto de Elmer contado polos nenos e nenas do 3º ciclo ao alumnado do centro e aos nenos e nenas do PAI que decidiron acompañarnos..

   Esto é o que nos queremos conmemorar este ano: o respecto a todos aínda que sexamos diferentes, pensemos diferente, sintamos diferente, teñamos diferente corpo...
     
   Nas seguintes imaxes podedes ver como estivemos a traballar con Elmer facendo lectura do conto, pintando un mural - quebracabezas que representa o respecto ás diferenzas e na biblioteca, pintando uns marcapáxinas deste colorido elefante.
 
 
   
  
    Recordade que na biblioteca, están os libros de Elmer para que poidades ler algunhas das súas aventuras.


martes, 27 de enero de 2015

REVISTAS

Xa temos na biblioteca do colexio as revistas Caracola, Leo leo e Reportero DOC.


   A partir de agora poderedes disfrutar destas revistas mensuais axeitadas ás vosas idades e que ademais de ser moi entretidas axudaranvos a desenvolver o maxín, descubrir o mundo, xogar e ampliar coñecementos de forma divertida.

    Que revista é a axeitada para a vosa idade? Aínda que podedes ler a revista que queirades as idades recomendadas son as seguintes:
          - CARACOLA: de 4 a 7 anos
          - LEO, LEO: a partir de 7 anos
          - REPORTERO DOC: a partir de 9 anos

     Estas revistas están incluídas no plan de Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura.

OS PERIGOS DE INTERNET

 
     A través do programa Innovate 2 da Deputación de Lugo, os nenos e nenas están a recibir moita información sobre as TIC´s.

   Nesta ocasión a información centrouse nos perigos cos que o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria pode atoparse na rede: roubo de datos persoais, acoso...

   Algo que sempre convén ter en conta; sobre todo nestas idades nas que eles non son conscientes da importancia da privacidade.




jueves, 22 de enero de 2015

CONCIERTO DIDÁCTICO: SON + D2

    Este ano tivemos a sorte de ser un dos colexios escollidos para os concertos didácticos que organiza o Concello de Santiago de Compostela en colaboración co Auditorio de Galicia.
     
O concerto que fomos a ver está baseado no libro Estamos no verán de Xoán Curiel e Charo Pita (Editorial Galaxia)


    Así que a pesar do frío e da neve que había ese día; marchamos  a  Santiago.

   Nada máis chegar, fomos directamente para o concerto (recordámosvos que curiosamente se chamaba Estamos no verán) onde todos disfrutaron moitísimo ademais de aprender moitas cousas sobre os instrumentos que compoñían o grupo e os diferentes estilos musicais.




    Podes recordar algúns dos temas do concerto pinchando nos enlaces:

    Despois de xantar, adicamos a tarde a visitar a Catedral de Santiago de Compostela e o seu Museo. Aínda que esta visita non foi tan divertida como o concerto; os puideron apreciar os tesouros que se gardan no Museo, pasear polo claustro, asomarse ao balcón para disfrutar de Praza do Obradoiro desde as alturas, visitar a Catedral e abrazar ao Apóstolo Santiago.





    Para comprobar se estivestedes atentos ao concerto podedes facer o seguinte libro de actividades!





lunes, 19 de enero de 2015

PREMIOS DO CERTAME DE POSTAIS DE NADAL

    O venres dia 9 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal, o alcalde Luis Fernández Guitián; entregoulles aos nenos e nenas do centro os premios pola súa participación no Certame de postais de Nadal 2014.
 
    Neste acto, houbo dous tipos de premios: os premios colectivos cos que a biblioteca agasallou aos cursos que participaron no certame e os premios individuais para os nenos que ademais do traballo en grupo fixeron postais individuais. Podedes consultar os premiados no seguinte enlace: http://www.concellodesober.com/amplia.php?id=349


   Recordamos que estas postais foron elaboradas dentro do programa Voz Natura con materiais de refugallo aproveitando os cartóns de caixas de galletas, cereais... como base para a realización das postais - marcapáxinas.
    A continuación podedes ver algunhas fotos do acto:
  
 











 


viernes, 16 de enero de 2015

CLUB DE LECTURA: PRIMEIROS LECTORES

    Acabamos de poñer a andar o club de lectura de 1º e 2º de Educación Primaria; un club de lectura para os primeiros lectores.

    O club estrénase cun dos libros da colección Contos da Media Luniña da Editorial Algaida
 
 
    Mirade que lectores máis atentos aos comentarios dos compañeiros nunha das sesións que lle dedicamos:


miércoles, 14 de enero de 2015