viernes, 30 de noviembre de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

    Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
 

     Pouco  a  pouco iremos subindo os vídeos destas actividades para compartir coa comunidade educativa os resultados obtidos.

    Hoxe comezamos cun par de experimentos de 5º e 6º de primaria...a ver que vos parecen..





APRENDENDO A PROGRAMAR III

  Os nenos de 1º e 2º seguen  aprendendo  a programar con  Rocío e Elías a través de Scratch Junior; pero hoxe non imos a contarvos nada do proxecto que realizamos porque é un proxecto que acabaremos a próxima sesión... 

    QUE  SERÁ, SERÁ??? Só dicirvos que iremos de viaxe a un lugar especial...


 



COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS

    Esta é a primeira emisión do novo programa: Coñecendo os nosos concellos, un programa que faremos en común os colexios de A Pobra do Brollón e Sober que somos os únicos colexios da provincia de Lugo que pertencemos ao Proxecto Piloto Radio na Biblio que se desenvolveu durante o curso 2017/18.

     Parécenos que esta coincidencia é un bo punto de partida para coñecernos mellor e aprender sobre os nosos concellos a través de programas de ida e volta nos que un dos colexios contaralle ao outro datos sobre o seu concello e fará unha pregunta sobre o concello veciño que o seu alumndo deberá investigar e gravar na próxima edición do programa.

   Comezamos...

miércoles, 28 de noviembre de 2018

SEMANA DA MÚSICA - 2018

    Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por sexto ano consecutivo a Semana da Música.
    Durante toda a semana, celebrouse un concurso na biblioteca na que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre o instrumento ao que se lle adicou este ano a semana musical: A FRAUTA  TRAVESEIRA.
   Para rematar as actividades, tivemos no centro a Ruth González, profesora de frauta da Escola Municipal de Música de Sober e directora do coro Berea.
   Ela ensinounos moitas cousas sobre este instrumento: as súas partes, a súa historia, as cualidades do seu son, diferentes tipos de frautas... e, sobre todo, agasallounos coa súa interpretación de varias obras; unda delas a dúo coa nosa alumna Uxía que tamén é alumna súa na Escola de Música.
   Ao finalizar o concerto, entregámoslle a Ruth unha peza de alfarería de Gundivós para agradecerlle a súa presenza e ela entregou os premios ao alumnado gañador do concurso, que incluía un punto de lectura cunha clave de sol da nosa impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324).
    E non podíamos rematar a actividade sen que a frautista invitada pasara polo noso estudo de Radiuvín.

domingo, 25 de noviembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: TRABALLANDO A IGUALDADE


    Para traballar a loita cotra a violencia de xénero, desde a biblioteca puxemos o noso gran de area a través do conto Maruxa de Eva Mejuto contado por tres dos nosos biblioaxudantes.
 
   Nesta historia basada na canción tradicional polaca "Maryna gotuj pierogi" Maruxa que está farta de facer todas as tarefas da casa soa, é dicir, SEN AXUDA DE NINGUÉN,  decide dar unha lección ao seu marido para ver se cambia de actitude porque aínda encima de lavar, planchar, recoller, tender a roupa, cociñar, sacar a pasear ao can... aínda encima... Pepiño quere que lle amase pan!!

    Pouco a pouco, Maruxa irá conseguindo que Pepiño se de conta do inxusto da situación e de que, tanto o traballo como o lecer, deben ser cousa de dous.
    Además de escoitalo, tamén vimos a curtametraxe baseada neste libro.


    E despois de velo e escoitalo, por que credes que escollimos esta historia?

    Pois porque a loita contra a violencia de xénero comeza por entender que homes e mulleres somos iguais e por tanto, ámbolos dous podemos facer as mesmas cousas e colaborar xuntos para calquera tarefa!!

   Podedes escoitar de novo o conto en Radiuvín nas voces dos biblioaxudantes Laura Gómez, Laura Rodríguez e Pablo.



viernes, 23 de noviembre de 2018

APRENDENDO A PROGRAMAR (II)

     Hoxe o alumnado de 1º e 2º de Primaria tivo unha nova sesión con Rocío e Elías para seguir aprendendo a programar con Scratch.

    A proposta que nos fixeron foi a seguinte:

    Scratch tiña que chegar a súa casa e timbrar para que alguén lle abrise a porta e puidera entrar.

   Xa dentro, o noso gatiño tería que ir a súa habitación e (como é un pouco pillo) dar cinco saltos enriba da cama antes de poñerse a durmir.

    Mais... cando xa estivera  durmindo.... tería que vir un can e despertalo!!

    Para realizar esta tarefa, os nenos aprenderon a incluír un decorado, engadir unha escena con outro decorado, pasar dunha escena a outra, facer un bucle para repetir unha acción ás veces necesarias como saltar enriba da cama (ver icono do bucle nas imaxes), engadir un novo personaxe e facer que se comuniquen entre eles enviándose mensaxes.... 


   Que vos parece??  Pois aprenderon un montón e este é o resultado:
  
   E como se fai isto?  Pois con todas as ordes que podedes ver na parte de abaixo das imaxes:

MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  SESIÓN  TAN  BEN  APROVEITADA!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

SEMANA DA MÚSICA: DÍA 1

    O 22 de novembro é Santa Icía, o día da patroa da Música. 

    Como cada ano teremos no colexio un concerto que nos achegue algún instrumento e teremos o concurso da Semana da Música consistente en 4 preguntas sobre o instrumento en cuestión.

     Cada día da semana, na porta da biblioteca encontrarás un acertixo ou unha proba... Os alumnos e alumnas que respondan o maior número de respostas correctas terán un agasallo!

COMEZAMOS:   
 
DE  QUE  INSTRUMENTO  SE  TRATA?
 
PODO SER DOCE  OU  DE PAN,
DE CANA OU  DE  METAL.
 SE  ME  QUERES  ESCOITAR
XUNTA  OS  BEIZOS  E  A  SOPRAR!!

viernes, 16 de noviembre de 2018

APRENDENDO A PROGRAMAR

   Por segundo curso, temos a sorte de contar na biblioteca coa colaboración de Elías e Rocío, os papás de Antía, que son programadores informáticos e que de forma completamente voluntaria e altruista van a adicarlles unhas sesións didácticas aos nosos nenos e nenas de primaria para que se acheguen á linguaxe de programación.
   Hoxe comezou o alumnado de 1º e 2º de primaria  a través da aplicación Scratch junior.
     Comezaron facéndonos tomar conciencia de que podemos encontrar linguaxe de programación en moitos aparellos dos que utilizamos día a día: ordenadores, tablets, móbiles, lavadoras... todo funciona a través da programación!!
        Despois ensináronnos as ordes básicas de Scratch a través duns carteis que elaboraron e que utilizamos para mover un peluche polo taboleiro dos escornabots.
   A continuación pasamos á aplicación Scratch junior nas tables onde puxeron en práctica as ordes aprendidas e coñeceron moitas máis: fixemos desaparecer ao noso gatiño, que volvera a aparecer, que falara...
 
 

UNHA  SESIÓN  MOI  INTERESANTE  E  PROVEITOSA!!
MOITAS  GRAZAS!!