martes, 27 de febrero de 2018

RADIO NA BIBLIO: Primeiros pasos (III)

    Mentres imos gravando novas emisións, seguimos tratando de mellorar aspectos físicos do noso laboratorio de radio.

   Neste caso, o que fixemos foi forrar algunhas caixas de cartón para protexer os micrófonos, os auriculares e a mesa de mezclas.

  Mirade que alegre queda e que protexidos están os equipos!

lunes, 26 de febrero de 2018

Día de Rosalía: Publicación da AELG

    Se seguides o enlace, poderedes acceder á páxina da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) na que se recollen todas as actividades que os centros de ensino fixeron para conmemorar a data de Rosalía.

    Nesa páxina encontraredes publicadas tamén as nosas actividades xunto as dos outros centro
    
   Tamén no seguinte enlace, podedes ver máis actividades doutros centros a través da páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia
 

sábado, 24 de febrero de 2018

COLABORACIÓN CON RADIO ECO FM RIBEIRA SACRA

Hoxe, Día de Rosalía, radio ECO FM RIBEIRA SACRA estará todo o día reproducindo as nosas emisións dos poemas de Rosalía de Castro.

Os poemas poderanse escoitar ás horas en punto e ás media desde as 8:00 da mañá.

Recordade que podedes sintonizar esta emisora no dial 107.3 FM

viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA - 2018

   O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que é a data do seu nacemento.
 
    Desde o centro fixemos dúas actividades; por unha banda, participamos no concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María para alumnado de ensino non universitario.
 
   A fase de centros deste concurso celebrouse durante toda a semana, de xeito que todo o alumnado de primaria recitou poemas de Rosalía na biblioteca.  En breve, coñeceremos os nomes dos alumnos e alumnas que representarán ao noso centro na fase Final que se celebrará en Outeiro de Rei o sábado 10 de marzo.

   Tamén nos sumamos á proposta da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que ten como lema #AbrideAFiestra. Dentro de esta actividade, cada alumno fixo un debuxo sobre o poema de Rosalía que recitou para pendurar das fiestras e darlle visibilidade a súa  obra.  Ademais das fiestras do cole, algúns alumnos e alumnas colgaron os debuxos tamén nas fiestras das súas casas abrindo a obra da autora a un mundo e un tempo novo.

CERTAME DE POESÍA "ROSALÍA SEMPRE VIVA" - Fase de centros 4º Primaria

CERTAME DE RECITADO "ROSALÍA SEMPRE VIVA" - Fase de Centros: Categoría 1: 1º, 2º e 3º

viernes, 16 de febrero de 2018

CERTAME DE CONTOS SOBRE ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS

    Como sabedes, gústanos organizar certames de redacción e escritura de contos para que o noso alumnado mellore a expresión escrita.

   Neste certame o alumnado tiña que inventar un conto que estivese basado nalgún dos entroidos máis característicos de Galicia para o que tiñan que investigar primeiro sobre ese entroido.

    Hoxe, os contos gañadores foron lidos polos seus autores e, por suposto, non faltaron peliqueiros de Laza, pantallas de Verín, o oso de Salcedo e un montón de protagonistas máis...

NORABOA  AOS  AUTORES  QUE  ADEMAIS  LEVARON  COMO  AGASALLO 
UN  PUNTO  DE  LECTURA  DE  LECTUVÍN!!

RADIUVÍN: A cousa que máis doe do mundo

   Aquí tedes o podcast da lectura dramatizada do conto O que máis doe do mundo de Paco Liván (OQO Editora) co que traballamos o día da Paz nas voces de Uxía, Manuel, Francesca, Héctor e Laura Melinda.

martes, 13 de febrero de 2018

DÍA MUNDIAL DA RADIO

    Hoxe é o Día Mundial da Radio e desde Rede ESPORA propuxéronnos colaborar no programa Mulleres nas súas marcas - Women in her marks; un proxecto común con outras radios que tamén forman parte do Proxecto Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.
   Este proxecto no que se conectan Biblioteca, Radio, Igualdade de Muller e Deportes nun só programa, ten calado e difusión mundial a través da páxina da Unesco. Podedes acceder ao evento para o noso centro desde esta ligazón.

    A idea proposta era facer visible os éxitos de moitas mulleres deportistas, que non teñen tanta presenza na radio, a través das voces das novas locutoras dos nosos centros. Elas déronlle voz a:
Katie Ledeky (Nadadora), 
Chus Lago (Alpinista), 
Ellen MacArthur (Navegante), 
Nawal El Moutawakel (Corredora), 
Lisa Leslie (Baloncestista), 
Dawn Frase (Nadadora),
Carolina Marín (Badminton)
Billie Jean King (Tenista), 
Lydia Valentín (Halterofilia), 
Charlotte Cooper (Tenista), 
Ronda Rousey (Artes marciais), 
Verónica Boquete (Futbolista), 
Leanda Cave (Triatleta) 
e Nadia Comaneci (Ximnasta) na voz da nosa Uxía .




Colaboramos con Rede ESPORA neste podcast as seguintes radios escolares:
A Caracola Radio do CEIP San Benito de Lérez, 
Radio Escolar Mosteiro Meis do CPI Mosteiro Meis
A radio do IES A Xunqueira I, Radio Viñas, 
a radio das nenas e dos nenos de CEIP As Viñas,
 A voz de Arnaldo de CEIP de Seixo,
 Radio Coviña do CEIP As Covas,
as radios escolares do IES Porto do Son
do CPI Manuel Suárez Marquier
do CEIP Milladoiro, do CEIP Víctor Saenz
do CEIP Ricardo Tobío
do CPI Cabo de Area 
Radio Faladoiro do CEIP Torre-Cela
e a nosa, Radiuvín .

viernes, 9 de febrero de 2018

RADIUVÍN: Programa de entroido

Aquí tedes o enlace ao programa radiofónico de hoxe. En breve publicaremos as imaxes do desfile.


RADIUVÍN: programa inaugural

RADIO: ENTROIDO

    Con esta comparsa adicada á radio, quixemos dar a coñecer a toda a xente de Sober que o noso cole conta cunha emisora de radio a través do proxecto Radio na Biblio.

    Para iso, todo o alumnado do centro e o do PAI fixemos difraces relacionados con Radiuvín.
   Os nenos e nenas do PAI e o alumnado de Infantil foron os nosos reporteirose para iso fixeron pases de prensa e micrófonos reutilizando envases de iogures bebibles e tubos de cartón.
   Todo reporteiro necesita un micrófono para facer oír a súa voz. Neste caso, os micrófonos foron os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.
  Para escoitar o que os reporteiros e xornalistas nos queren transmitir, tamén se necesitan aparellos de radio. O alumnado de 5º e 6º de Primaria, fixo un traballo de investigación sobre a evolución destes aparellos e disfrazáronse de radios de todos os tempos.

   E como o fin último da radio é chegar a alguén, necesitabamos ouvintes. Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, aos que lle fai moita ilusión que os seus avós e avoas os poidan escoitar a través das ondas, caracterizáronse de velliños e velliñas cos seus transistores que fixeron reutilizando caixas de cartóns.
  Cos nosos disfraces fixemos un desfile no que o alcalde regaloulles aos nenos unhas bolsas de chuches. Podedse ver todas as imaxes do desfile no seguinte enlace:
GALERÍA  DE  IMAXES

 Ademais durante toda a xornada os alumnos que aínda non o fixeran, foron pasando polo estudio de radio para achegarse a esta nova experiencia en primeira persoa.
 

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN

Comezamos o día grande do entroido como non podía ser doutro xeito: lendo na biblioteca!

    Varios biblioaxudantes prepararon a lectura Urco e Teucro viven o entroido do libro O entroido do Colectivo "Ollo de sapo" na que os habitantes "dun país onde de pronto a xente que vivía aló esqueceuse de rir e non había nada que lle puidese dar risa" descobren o entroido que se celebra en Galicia.

martes, 6 de febrero de 2018

SINTONÍA DE RADIUVÍN

Non hai radio sen sintonía e a nosa non ía a ser a primeira.

Cremos que Radiuvín ten que ser o máis participativa posible e que o alumnado se sinta protagonista deste proxecto; por iso, as voces pertencen a algúns alumnos e alumnas do centro e a música tamén está interpretada por eles con instrumentos de placa.
No seguinte enlace podedes escoitar a que será a sintonía de Radiuvín.

Esperamos que vos guste!
https://www.youtube.com/watch?v=_bJAZEPQ618&feature=youtu.be

viernes, 2 de febrero de 2018

AS FAMILIAS CONTAN - Familia de Senén

   Hoxe tivemos na biblioteca a Sonia, a nai de Senén, para participar na activiade As familias contan. Ela contounos o libro Señora de los mares de Ana María Machado (Ed. Everest). 
  Nesta historia Marina, que é a nena protagonista, decide ser pescadora desafiando á tradición do lugar, na que só os homes podían saír a pescar.
 
   Despois da narración, Senén leu un texto moi interesante extraído do libro Un día de caca e vaca de Fina Casalderrey, que nos fixo reflexionar sobre a importancia da igualdade de xénero entre nenos e nenas.
 Como noutras ocasións, foi un gran pracer recibirvos!!
Moitas grazas por seguir participando nesta actividade!!

CÓMO SE CHAMARÁ A NOSA RADIO?

Despois de todas as suxestións que o noso alumnado propuxo para o nome da radio...

 xa temos nome para a nosa radio escolar!

 Un nome que é contracción de Radio e Lectuvín, a mascota da nosa biblioteca.

Que vos parece?