martes, 31 de enero de 2017

RISCOS NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

    Dentro do PLAN  DIRECTOR  PARA  A  CONVIVENCIA  E  A MELLORA  DE  SEGURIDADE  NOS  CENTROS  EDUCATIVOS  E  NOS  SEUS  CONTORNOS, contamos no centro coa presenza dun membro da Garda civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.

 Os temas abordados nesta sesión foron moi interesantes, actuais e axeitados ás inquedanzas do noso alumnado; algúns deles foron:


- CIBERBULLYNG: acoso escolar a través das redes sociais agravados con aspectos racistas ou xenófobos.


- SEXTING e SEXTORSIÓN: os perigos da difusión de contidos de carácter sexual; tanto propios (imaxes, vídeos...) como alleos.


-VIOLENCIA DE XÉNERO: en canto ao acoso e control que un membro de parella pode exercer sobre as actividades na rede ou o móbil do outro membro.

- GROOMING: cando un adulto se fai pasar por menor mediante un falso perfil para establecer relacións con un menor.

- XOGOS EN REDE: xogos para adultos moi violentos ou de contidos sexuais extendidos entre adolescentes e preadolescentes.

- CONTRASINAIS: métodos para a construción de contrasinais seguros, dobres contrasinais... para evitar os roubos de datos nas contas de internet así como para evitar que algún pirata informático poida acceder ao noso historial de busca, ás fotos, a cámara do portátil, tablet ou móbil...


   Unha charla moi produtiva que esperamos que o noso alumnado teña en conta cando vaia a facer uso de internet e das redes sociais

CURSO: Alfabetización en linguaxes de programación

    Seguindo co curso do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) que estamos a desenvolver no centro; esta xornada de formación está adicada á impresión 3D: programación, funcionamento e uso didáctico.

     Nesta última sesión, coñecemos de primeira man o traballo cunha impresora en 3D. Unha ferramenta moi interesente para o futuro.

    Clickando na seguinte imaxe podes ver un vídeo resumo da impresión dunha peza para os carritos do supermercado.
https://drive.google.com/file/d/0B1dZpvoiedBaR05paU1OejNBbkE/view?usp=sharing

  Ademáis, desta sesión de traballo quedáronnos de recordo as letras que forman o nome do noso centro.

lunes, 30 de enero de 2017

DE QUE CHE VALE?

    A  música non pode faltar na nosa Biblioteca escolar: territorio das artes. Por iso, acabamos de ter nela un encontro con Jesús Pareja, mestre de música do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol, Musicólogo, compositor e Director do Coro da Universidade Sénior de Ferrol onde tamén é mestre de Linguaxe Musical. 
   Neste encontro, o compositor explicoulle ao noso alumnado moitos aspectos relacionados coa música e a composición de obras tanto para nenos como pop ou máis clásicas, e eles puideron preguntarlle as súas dúbidas ao respecto.

   A continuación, puidemos gravar con él a súa canción De que che vale? coa que queremos conmemorar o Día da Paz; porque tamén se pode traballar pola paz dende a música; así que como di o retrouso:
Cantemos unidos pola paz,
tiremos do mundo pola paz,
coidemos da vida pola paz,
fagámolo xuntos pola paz.

    Ademais neste retrouso, poñemos en práctica as ensinanzas de Lingua de Signos; nel pódese ver como o alumnado de Primaria signa a primeira parte de cada verso; e o de infantil a parte final "pola paz"

   Queremos agradecerlle ao autor a súa presenza desinteresada no centro e as súas verbas tan agarimosas.
Na   GALERÍA  DE  FOTOS podedes ver imaxes da preparación do mural,
dos ensaios, do encontro e da gravación do vídeo

viernes, 27 de enero de 2017

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Herbert e Uxía

     Comezamos esta actividade neste curso con Helena, a nai de Herbert e Uxía.

    Eles contáronnos o conto Dr. Dog de Babette Cole.

   É unha historia moi interesante que nos fala sobre unha familia cuns hábitos de vida moi pouco saudables e de como o Dr. Dog ten que axudalos nas enfermidades que estes hábitos lles producen ademais de darlles consellos para melloralos.



Foi un pracer comezar este ano a andadura de As familias contan cunha historia plurilingüe.
Moitas grazas por vir!!

jueves, 26 de enero de 2017

XOGADE - Clasificatorias Campo a través

   O domingo día 22, un equipo de 10 nenos e nenas participaron nas clasificatorias de Campo a través organizadas por Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar).
 
   Aquí podedes ver a reseña de prensa que o recolle; no xornal El progreso (26/01/2017)

martes, 24 de enero de 2017

CREANDO HISTORIAS CO ESCORNABOT

    Esta actividade é unha das que nos propuxeron no curso de escornabots en Santiago.

   Ten como base un taboleiro específico con casillas de personaxe, lugar, acción ou obxecto ademais de dúas especiais: unha para comezar a historia "Érase unha vez..." e outra para rematar "E colorín, colorado, esté conto está rematado".

    Os xogadores van tirando os dados e inventando unha historia utilizando as palabras que lles toquen nas tarxetas correspondentes ata que un consegue rematar a historia levando o escornabot ata a casilla final. POÑEDE  O  MAXÍN  A  FUNCIONAR!!

lunes, 23 de enero de 2017

UN POUCO DE HISTORIA COS LEGOS

   Ademais de para xogar, os legos serven para potenciar a creatividade e iso dalles un valor incalculable.

   Neste caso Héctor utilizounos para ilustrar a súa exposición sobre historia.
NORABOA!

SUMAS E RESTAS CO ESCORNABOT

   Para practicar as sumas e restas en 1º e 2º de Primaria, temos unhas cartas matemáticas con estas operacións; pero agora queremos ir un paso máis aló e utilizar tamén os escornabots.

    Necesitaremos un taboleiro cos números do 1 ao 9 posibles resultados destas operacións, un dado cos signos de sumar e restar, as cartas matemáticas, o escornabot e varios escornapuntos.

    Despois de determinar o número de roldas que terá o xogo; o alumno/a co turno tira o dado de operacións e según a operación que salga colle unha carta do montón correspondente.

    Despois de facer a operación ten que dirixir o escornabot ao número que represente a solución. Se o fai ben gaña un escornapunto.

    Gaña o xogo aquel alumno/a que ao terminar as roldas acordadas teña máis escornapuntos.


viernes, 20 de enero de 2017

"LA RATITA PRESUMIDA" - Lengua de signos española

   Aproveitando a introdución á Lingua de Signos Española que tivemos onte no centro, aquí vos deixamos "La ratita presumida" un signo - conto para desfrutar no fin de semana


jueves, 19 de enero de 2017

LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

  A lingua de signos española (LSE) é a lingua xestual que utilizan principalmente os sordos españois e personas que viven ou se relacionan con eles.

  Hoxe achegouse ao noso centro Jessica, unha intérprete de signos, que nos ensinou un pouco desta lingua: algúns dos seus xestos e algunhas curiosidades e características.

 -Sabías que a Lingua de signos non é universal?

- E que está recoñecida como unha lingua máis de España como o castelán, o galego, o catalán ou o vasco?

- Por que os intérpretes de signos visten con roupa escura?

    Moitas grazas a Jessica; quen antes de marchar deixounos unha dedicatoria no libro da biblioteca e unha mensaxe en LSE:


miércoles, 18 de enero de 2017

ADORNANDO OS ESCORNABOTS

    Aínda que non é propiamente unha parte da montaxe dos escornabots, cremos que así están máis favorecidos.

    Estos modelos que acompañan a Lectubot están feitos por 3 grupos do alumnado de 1º e 2º; pero non parecen moi seguros...a ver canto duran!

martes, 17 de enero de 2017

PRACTICANDO A LECTURA

    Unha forma divertida de mellorar a lectura é xogar cos Escornabot.

   Neste xogo o que hai que facer é tirar os dados e programar o escornabot con tantos movementos como puntos conseguidos.

    En cada casilla hai unha palabra con certa dificultade lectora, como por exemplo sílabas trabadas.

    Se o xogador ou xogadora le correctamente a palabra, quédase con ela a modo de punto e colócase unha nova; se non, pasa o turno ao seguinte xogador/a.

    Gaña o xogador/a; que ao final do xogo teña máis palabras no seu poder.


miércoles, 4 de enero de 2017

PREMIOS CERTAME DE NADAL - 2016

    O día 4 de xaneiro,  foi a entrega dos premios correspondentes ao Certame de Beléns e de Postais da Biblioteca Municipal do noso  Concello.

    O acto comezou coa actuación de O trícole, grupo que nos interpretou varios Cantos de Reis.
 
    A continuación, o alcalde de Sober fixo entrega dos premios. Varios alumnos e alumnas, foron os encargados de recoller o premio á participación que recibiu o colexio polas postais que fixemos.
 
 Na seguinte imaxe podemos ver todos os premiados: