viernes, 22 de junio de 2018

O PIRATA PATA DE LATA

   No colexio sempre rematamos o curso cun festival cheo de actuacións do noso alumnado; e, como non podía ser doutra forma, a biblioteca tamén está presente nel.

   Nesta ocasión a literatura ten presenza a través do conto en verso O pirata Pata de Lata de escrito por Xosé Manuel González "Oli" (Ed. Kalandaka) e recitado e bailado polos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria

jueves, 21 de junio de 2018

RADIUVÍN na Revista Galega do Ensino

   A  EDUGA (www.edu.xunta.es/eduga) é a Revista Galega do Ensino publicada pola Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria. Nela recóllense entre outras seccións, experiencias innovadoras, boas prácticas e artigos de investigacións.

   No seu último volume publicado, o número 75 (xaneiro - xuño 2018), poderedes ler un artigo que fala sobre a nosa biblioteca e a incorporación do Proxecto Piloto Radio na biblio que estamos levando a cabo.

   Desde a biblioteca queremos darlle ás grazas a esta publicación educativa e á Asesoría de Bibliotecas Escolares por ter escollido a nosa experiencia para darlle visibilidade a este proxecto; pois supón un recoñecemento ao traballo feito na nosa biblioteca

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN - 2018


PREMIOS AOS MÁIS LECTORES

   Como cada ano cando acaba o curso, desde o Equipo de Biblioteca facemos entrega duns agasallos aos nenos e nenas que máis libros da biblioteca do colexio len .
 
  NORABOA  A  TODOS  E
A  SEGUIR  LENDO  NO  VERÁN!!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Laura Gómez

    Hoxe tivemos na biblioteca á nai de Laura Gómez, o cal non é ningunha novidade xa que compartimos con ela todos os días do curso.

   A novidade foi que ela hoxe non viña como profe senón que viña como nai a participar na actividade As familias contan. O libro escollido foi Adivina cuánto te quiero escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram da Editorial Kókinos.
   Neste libro o autor cóntanos a dificultade da pequena lebre para encontrar o modo de describir o tamaño dos sentimentos; e tentando facelo, entende que o amor non é algo fácil de medir senón que é algo que hai que sentir. 
 

GRAZAS  E  UN  ABRAZO  MOI  GRANDE, UN  DESES  QUE  NON  SE  PODEN  MEDIR!!

miércoles, 20 de junio de 2018

CERTAME DE NARRACIÓN LETRAS GALEGAS - 2018

   A nosa alumna, Laura Gómez, recibiu onte en Lugo o premio provincial recibido no Certame de Narración das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo que este ano levaba como título Como cambiou o conto ou como darlle unha volta ao conto tradicional
    Este certame ten lugar a través das Bibliotecas Públicas Municipais; por iso, nesta entrega estivo acompañada por Julia Fernández Garza bibliotecaria da Biblioteca de Sober quen tamén recibiu un diploma acreditativo do premio.
     No acto, Laura tivo que ler o conto da leiteira que re-escribiu de xeito que en vez de quedar sen nada como na fábula tradicional, a leiteira consegue vender o leite na feira e chegar a ser unha gran empresaria.
  NORABOA  LAURA!!!

 

PROXECTO EDUCACIÓN VIAL

   Para rematar o Proxecto de Educación Vial do colexio deste ano, biblioaxudantes e outros alumnos e alumnas do centro representaron na biblioteca dúas obras que reforzaban estes conceptos. Para estas representacións contaron con materiais cedidos pola Xefatura Provincial de Tráfico.

   Por un lado, Caperucita petaona y el lobo veloz que conta como Caperucita trata de chegar á casa da súa avoa e os peligros aos que se enfrontan ao atoparse co Lobo veloz.
    Esta historia de títeres insiste na necesidade de cruzar a calzada polos lugares adecuados e a necesidade de atender á sinalización e ás indicacións dos semáforos.
 

   Por outro lado os alumnos tamén lle deron vida aos personaxes da obra La araña Malena prublicada polo Ministerio do Interior (Dirección Xeral de Tráfico)


   Con esta araña embarazada á que atropeia un ciclista, aprendemos e recordamos normas básicas de educación Vial Infantil.
 

martes, 19 de junio de 2018

VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

    Imos rematando o curso e dando por terminada a labor dos nosos biblioaxudantes que forman parte do programa de Voluntariado de Lectura - A integrado dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.

   Para acreditar a súa participación entregámoslle hoxe os diplomas enviados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Tamén lles fixemos entrega das camisetas correspondentes.

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  LABOR  DURANTE  TODO  O  CURSO!!

lunes, 18 de junio de 2018

TALLER DE ILUSTRACIÓN

    O alumnado que acudiu ao taller de ilustración e debuxo impartido por Iria Iglesias, fixo uns fermosos autorretratos dos que xa podedes disfrutar no corredor do colexio.


V CERTAME MULLERES DE LEMOS

   O alumnado de 5º e 6º de Primaria xa ten rematada a ilustración para o conto Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de Marzo que facemos entre todos os centros de Primaria da Comarca de Lemos para conmemorar o Día da Muller, que este ano se dedicou a esta mestra do século XX do concello de Bóveda polo seu compromiso coa ensinanza na Galiza rural

   No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

Pasados tres anos dende a voda, no 1936, Genoveva decidiu presentarse a unha oposición para obter unha praza de mestra, oposición que posteriormente anularon polo que Genoveva tivo que continuar como mestra interina en Ferreiros.

Tocoulle xustamente o inicio da Guerra Civil, tempo de moito conflito que foi a causa da anulación da oposición. Nesta época moitos homes e mulleres sufiron e os seus dereitos foron arrebatados; ás mulleres, especialmente, pois se lles retiraron dereitos que alcanzaran con moito esforzo e volvían ser tratadas como se foran de segunda clase, precisando incluso da autorización por escrito dos seus maridos para realizar xestións administrativas. 

miércoles, 13 de junio de 2018

MERENDAS CON CONTOS: o programa de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal

     Hoxe tivemos no noso estudio de radio a Julia Fernández Garza, bibliotecaria da Biblioteca Pública Municipal de Sober, e a Rocío Fernández, técnica informática do noso Concello e nai da nosa compañeira Antía.


    Entre as dúas e Dunia, que agora está de baixa por maternidade, levan a cabo as actividades do programa de animación á lectura Merendas con contos que se desenvolve todos os venres do curso escolar e no que participamos moitos alumnos e alumnas deste colexio.

   Para saber todo o que falamos sobre este programa de animación á lectura e moitas cousas  máis, só tedes que escoitar a entrevista no seguinte enlace:





MOITAS  GRAZAS  POR   ESTE  PROGRAMA

E  POLA  VOSA  DISPOSICIÓN  A

COLABORAR  SEMPRE  CO COLEXIO!!

martes, 12 de junio de 2018

CONCERTO DIDÁCTICO: Sara Méndez Arias

    Sara Méndez Arias, ex-alumna do centro e saxofonista na actualidade, estivo hoxe no colexio e en Radiuvín para falarlle ao noso alumnado dos instrumentos que toca e dos seus logros. 

   A visita empezou na biblioteca, onde Sara lles explicou moitas cousiñas sobre o saxofón soprano e o saxofón alto: por que se di que é un instrumento de vento - madeira, cal é a diferenza entre os dous, a importancia da respiración... 
    Tamén puideron escoitala tocando en ambos instrumentos obras clásicas de Bach, obras contemporáneas e obras de autores españois como Manuel de Falla.
 
 

   Antes de marchar, Sara achegouse aos estudios de Radiuvín para contestar ás preguntas de Pablo, Laura Gómez e Senén sobre o seu percorrido musical, o premio gañado recentemente, as súas vivenzas no cole e moitas outras cuestións que podedes escoitar no seguinte enlace.



MOITAS  GRAZAS  POR  VIR, SARA!!
UN  PRACER  CONTAR  COA  TÚA  COLABORACIÓN!!

viernes, 8 de junio de 2018

COMO CAMBIOU O CONTO

    Hoxe entregáronse os premios do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coa Biblioteca Municipal aos seguintes alumnos:

NARRACIÓN

CATEGORÍA A: ata 8 anos
BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
 
CATEGORÍA  B:  de  9  a  11 anos
LAURA  GÓMEZ GRANDE
HÉCTOR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO

 

DEBUXO



CATEGORÍA  A: ata 8 anos
MENCÍA  FERNÁNDEZ  RODRÍGUEZ
BRAIS  RODRÍGUEZ  ÁLVAREZ
CRISTIAN  DOURADO  RODRÍGUEZ


CATEGORÍA  B: de 9 a 11 anos
VERÓNICA TAMI GONZÁLEZ
UXÍA TRAIL BATES
LAURA RODRÍGUEZ FREIRE

Podedes  ver  todos  os  traballos  presentados  na  seguinte publicación

NORABOA  A  TODOS!!