viernes, 29 de abril de 2016

AS FAMILIAS CONTAN: Herbert e Uxía

    Con Helena, a mamá de Herbert e Uxía; tivemos unha novidade moi interesante nesta actividade: contancontos en inglés!! Storytellers or in English!!

 
   Para que o alumnado puidese seguir o conto sen perderse, o primeiro foi presentar aos personaxes: a little yellow dog (Herbert), a ginger cat (Uxía) and a bad rabbit.

    E tamén un pouco de vocabulario importante na historia: a favourite chair (a cadeira favorita) and share (compartir).

  E tras estas aclaracións, empezou o conto escenificado por Uxía e Herbert mentres Helena narraba. Foi moi interesante; sobre todo a ensinanza que nos deixou: LEARN TO SHARE!!





Moitas grazas pola vosa colaboración coa biblioteca; para nós tamén foi un pracer!!



miércoles, 27 de abril de 2016

CONTACONTOS: MARÍA DE PONTRAGHA

    A través do Consorcio Editorial Galego, hoxe estivo con nós a contacontos María da Pontragha, unha educadora moi vinculada á tradición oral tanto a través da música como da palabra, que veu ao noso cole a deleitarnos con varios contos.

    Foron historias cheas de humor e a verdade é que os nenos e nenas estiveron atentísimos e que os contos lles encantaron!
    Ata foi quen de resucitar ao noso compañeiro que tras recibir "unha soa pinga de xarope, nin dúas, nin tres nin media...unha soa pinga!!" voltou á vida!

 Moitas grazas María!



lunes, 25 de abril de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este ano por primeira vez; fixemos voluntariamente apadriñamentos lectores.

Resultou unha actividade moi interesante e divertida que esperamos continuar en vindeiros cursos.

DÍA DO LIBRO

    O Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario nas bibliotecas. 

    Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..." 


     Estes dípticos repartíronse entre o alumnado de Primaira, mentres que os alumnos de educación Infantil fixeron para sí, outros realmente monstruosos:

viernes, 22 de abril de 2016

AS FAMILIAS CONTAN: Carlota e Aroa

    As familias contan é unha actividade que empeza a súa andaina este ano para axudarnos na labor de potenciar a lectura como ferramenta fundamental no desenvolvemento da capacidade do noso alumnado. 

    Para nós é moi importante contar coa implicación das familias xa que éstas son o principal punto de apoio no proceso de ensinanza - aprendizaxe.

   A primeira familia voluntaria coa que contamos é a familia de Carlota e Aroa; Gema, a súa nai e Emilia, a súa avoa; son as encargadas de inaugurar esta actividade. 
 
    O primeiro conto foi Croco, a historia dun crocodilo con moooooooita fame.


    O segundo conto tivo como protagonista a un ourizo ao que non lle gusta moito a auga: A Martín no le gusta bañarse
Antes de marchar, tamén nos deixan unhas verbas para o noso libro de firmas.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN e como vos mesmas decides: 
Cando volvedes??

miércoles, 20 de abril de 2016

400 ANOS DESPOIS: SHAKESPEARE vs CERVANTES

    A través do Programa Cultura no Camiño, o Concello de Sober ofreceunos a seguinte sesión de animación á lectura adicada ao Día do Libro:
 

    Nesta actividade o alumnado puido disfrutar con Caxoto Contacontos das aventuras e desventuras de Don Quixote e de moitas outras aventuras de cabaleiros; coma os cabaleiros do Rei Arturo


    A continuación podedes ver un poquiño da actuación. Neste caso, un vídeo-conto con cantiga no que un neno quería ir a cazar leóns; publicado polo Concello:
https://www.facebook.com/concello.desober/videos/959151370872923/

   Antes de marchar, Caxoto - Cervantes, adicounos unhas verbas no noso libro de biblioteca:

   A reseña desta actividade saíu publicada en El Progreso do día 22/04/2016:

martes, 19 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO: 400 ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DE SHAKESPEARE E CERVANTES


    O Día do Libro; o mundo das letras ten unha cita moi importante xa que é o 400° aniversario do falecemento de dous autores importantísimos da literatura universal, o inglés William Shakespeare e o español Miguel de Cervantes

    Ambos morreron o 23 de abril de 1616 e por iso, o 23 de abril foi consagrado como o Día Internacional do Libro en homenaxe a estes dous autores que nos legaron personaxes tan emblemáticos e vixentes como Don Quixote, Otelo, Hamlet, Sancho Bandullo, Lady Macbeth, Dulcinea... 

   Se clickas nas seguintes imaxes poderás seguir aprendendo moito sobre Don Quijote: obras, personaxes, aventuras, xogos... como xa fixemos na biblioteca

http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/index.html




viernes, 15 de abril de 2016

OS ECOSISTEMAS

    Dentro do Proxecto Voz Natura deste ano, propuxémonos investigar sobre os ecosistemas para dar resposta a moitos interrogantes:
Que é un ecositema?

Quen o forma?

Que factores inflúen nel?

Os ecosistemas de Galicia

O ecosistema de Sober

  Para dar resposta a estes interrogantes propoñémosvos a seguinte webquest: ADIANTE!!

http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=148330&id_pagina=1

Nas seguintes imaxes podedes ver ao alumnado investigando

E aquí o resultado da súa investigación exposto de tres maneiras diferentes:

Grupo 1: Os ecosistemas (Mural e exposición oral na biblioteca)


Grupo 2: Parques Naturais de Galicia (Imaxe interactiva)


Grupo 3: O ecosistema da nosa comarca (ISSU)


jueves, 14 de abril de 2016

CONCERTO: O BIGOTE DE MIMÍ

    O día 13 de maio teremos no colexio a Luis Valecillo nun concerto sobre o libro de Manuel María"O bigote de Mimí"  
     Aquí vos deixamos algunhas das cancións que forman parte deste concerto para que vaiades abrindo os oídos. Se queres escoitar a canción só tes que clickar na súa imaxe:

https://soundcloud.com/luis-vallecillo-835420926/03-meu-amigo-fiz

https://soundcloud.com/luis-vallecillo-835420926/06-a-invasion-dos-ratos

https://soundcloud.com/luis-vallecillo-835420926/polo-poder-da-palabra
 
      Luis Valecillo tamén nos envía a canción "Amodiño" para cantar no concerto a modo de despedida.
http://www.luisvallecillo.es/cancions/

Esperamos que disfrutedes moito  delas!!