martes, 31 de mayo de 2016

CLUB DE LECTURA: Bala perdida (Manuel Rivas)

Esta sesión do club de lectura, estivo adicada ao libro Bala perdida de Manuel Rivas

   A historia do pirata Bala Perdida e a periodista Rosa Ribero quen dirixe un pequeno xornal da vila  costeira de Atlán; deunes pé para falar da piratería na época actual: realmente existen hoxe os piratas?  Que busca nesta época? Que tipo de tesouros queren atopar?

   Foi unha xornada moi divertida!!

viernes, 27 de mayo de 2016

PREMIOS CERTAME DE DEBUXO LETRAS GALEGAS 2016

   Luis Fernández Guitián, alcalde do noso Concello; foi o encargado de entregar os premios do Certame de Debuxo Infantil Letras Galegas 2016.
 
    Os premios outorgados polo xurado por categorías foron os seguintes:

 CATEGORÍA A (ata 8 anos)

1º Xosé Senén Hernández Rodríguez
2º Laura Gómez Grande
3º Pablo Pérez Freire

   

CATEGORÍA B (de 9 a 11 anos)

1º Herbert Trail Bates (non presente na entrega)
2º Loïc Carvalho Rogao
3º Héctor Fernández González

 

CATEGORÍA C ( a partir de 12 anos)

1º José Manuel Fernández
2º Lisbeth Sánchez Díaz
3º Marco Martínez Rodríguez

   

NORABOA  A  TODOS  OS  PREMIADOS!!
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Héctor e Darío

   
    Hoxe estivo na biblioteca Noelia, a nai de Héctor e Darío que xunto con eles contounos Te quiero casi siempre (Anna LLenas). Este libro invita á comprensión de aquelas cousas que nos fan diferentes e a aceptar a diversidade xa que os seus protagonistas (Lolo e Rita) son moi distintos entre sí... por que unha mesma característica de alguén ás veces nos gusta e outras nos molesta?


    Ademais de contar o conto moi ben, tivemos a sorte de que nolo deixaron como agasallo; así que tanto o conto como Lolo e Rita; xa forman parte da biblioteca de Lectuvín.   MOITAS  GRAZAS!!!!

jueves, 26 de mayo de 2016

EXCURSIÓN A MONFORTE DE LEMOS

    Hoxe fomos de excursión a Monforte; unha saída na que tiñamos programadas moitas actividades.
 
   Para empezar unha visita ás instalacións de Onda Cero Monforte de Lemos, a emisora que está emitindo os poemas que gravaron os nosos nenos e nenas do poeta Manuel María para conmemorar o Día das Letras Galegas.

 
 
 E mentres uns grupos visitaban estas instalacións; outros xogaban na Praza de España

 

  A continuación fomos a ver o musical  "El libro de la selva"  baseado no libro de Rudyard Kipling. Tamén no Edificio Multiusos había unha exposición adicada a Cervantes na que algunhas nenas se fotografaron coas meninas

 

    A seguinte parada foi na panadería para facer un taller de pan; onde nos explicaron todo o proceso de elaboración este alimento. 

    Ademais os nenos e nenas tamén tiveron tempo de elaborar o seu propio boliño recheo de chocolate e probar algúns produtos.
   
 
 

   Como aos boliños lles leva un tempo cocerse; aproveitamos para comer no parque e xogar un pouco antes de ir a recollelos e voltar ao colexio.

viernes, 20 de mayo de 2016

CONCERTO DIDÁCTICO E CONVIVENCIA CO CEIP MONTE BALIÑO (Ferreira de Pantón)

      O venres 20 de maio, celebrouse no Auditorio da Casa da Cultura de Sober un Concerto Didáctico da Escola Municipal e da Banda de Música de Sober ao que ademáis de nós, asistiron os seguintes centros:
- CEIP MONTE BALIÑO (Ferreira de Pantón)
- CEIP ROSALÍA DE CASTRO (Bóveda)
- PAI de Sober
 

   E como non podía ser doutro xeito a literatura tamén estivo presente no concerto; xa que este, estivo baseado  nun conto: "Musicolandia" a través do que aprendimos moitas cousas das familias de instrumentos que compoñen unha Banda de Música: vento - madeira, vento - metal e percusión. Tamén nos falaron do piano e da voz humana.
   
    Foi un concerto moi divertido no que algúns nenos e nenas do colexio participaron activamente como personaxes do conto, tocando algún instrumento da banda, xogando ás cadeiras e incluso dirixindo á Banda
  
   

     Aquí tedes un vídeo da parte final do concerto:

     Despois do concerto, tivemos no colexio unha xornada de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Monte Baliño
 
 
 

viernes, 13 de mayo de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ (Luis Valecillo)

    Hoxe na biblioteca tivemos un espectáculo musical, unha adaptación do artista Luis Valecillo do libro "O bigote de Mimí" de Manuel María.


    Foi unha actuación moi interesante xa que con esta adaptación os nenos e nenas puideron gozar de música, de títeres e da propia historia:

   No seguinte vídeo podedes lembrar unha das cancións desta actuación:

ESCORNABOTS

   O noso centro é un dos 20 centros galegos elexidos para participar no proxecto piloto "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR". 

   Contaremos con 4 escornabots que se poden programar para realizar secuencias de movementos tan complexas como os nenos e nenas sexan capaces de lograr.
   
   Ademais de traballar a linguaxe da programación, con este proxecto combinaremos expresión oral, alfabetizacións múltiples, aprendizaxe manipulativo, xogos, investigación e traballo colaborativo

   Para empezar con este proxecto, o venres día 13, asistimos a unha sesión en Santiago onde aprendemos moito sobre escornabots: montaxe, propostas didácticas, programación, impresión en 3D.... e puidemos construír o primerio dos catro escornabots que teremos; pero non pensedes que foi unha tarefa doada... nas seguintes imaxes recollemos diferentes momentos do obradoiro de montaxe desde a presentación das pezas ata o escornabot funcionando pasando polo obradoiro de soldadura:

 

 ALGÚNS  ENLACES  DE  INTERESE:




jueves, 12 de mayo de 2016

PROXECTO SEMENTEIRA

   Outra das actividades realizadas para conmemorar o Día das Letras Galegas, foi o  PROXECTO SEMENTEIRA no que alumnado do noso centro e do IES A Pinguela e adultos usuarios da BPM de Sober, elaboraron caligramas sobre diferentes poemas de Manuel María.

   Estes caligramas están expostos no instituto, no noso centro e na Praza do Concello coa intención de facer aínda máis visible a figura deste poeta chairego:






lunes, 9 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN MANUEL MARÍA

   En colaboración coas biblioaxudantes de hoxe, estivemos a preparar a exposición sobre Manuel María no corredor principal do noso centro que quedou así de interesante:

jueves, 5 de mayo de 2016

AS FAMILIAS CONTAN: Valeria

 
     Na actividade As familias contan de hoxe, estivo con nós Luis; un amigo da familia de Valeria que nos contou A vaca que puxo un ovo.
   Os nenos e nenas estiveron moi atentos a esta historia na que unha vaca que quería ser especial; espertou un día poñendo un ovo.
   Despois de incubalo durante bastantes días, todos estaban expectantes para ver que animal nacería... e que naceu? Pois un poliño que dicía MUUUUUUUU!!!!!
   Moitas  grazas pola súa colaboración e un forte aplauso para Valeria e para Luis, quen tamén nos deixou unha dedicatoria no noso libro de visitas.

SOBRE MANUEL MARÍA

   No seguinte Prezi podedes atopar moita información sobre o autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano: Manuel María

lunes, 2 de mayo de 2016

CANTA BICHERÍA!

     Como cada ano, o alumnado de Primaria participa desde o centro no Certame de Debuxo das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Sober.

     O tema proposto este ano pola Biblioteca Nodal de Lugo foi CANTA BICHERÍA!! e no seguinte vídeo podedes ver as propostas dos nosos nenos e das nosas nenas.

https://www.youtube.com/watch?v=DY16bRvrxEc

MOITA  SORTE  A  TODOS!!