viernes, 29 de marzo de 2019

AS FAMILIAS CONTAN. FAMILIA DE LEONOR

   Rematamos as actividades bibliotecarias do mes de marzo con Cristina, a nai de Leonor, que participou hoxe en As familias contan.
  Cristina estrenouse nesta faceta de contadora co libro Un conto cheo de lobos de Roberto Aliaga e Roger Olmos no que hai lobos grandes e lobos pequenos, durmidos, espertos, xigantes, ananos, de cores, trampulleiros, con lentes, con sombreiros... lobos que están esperando a que os chamen para un conto.. cal será o seguinte en actuar?
 

  E para que a estrea fora completa e que todos poidades escoitar este conto tan divertido, Cristina e Leonor pasaron tamén polos estudos de Radiuvín.


   O contacontos seguiu cunha sesión para os nenos e nenas da clase de Leonor. Agora foi a quenda do libro O coelliño branco de Xosé Ballesteros. 
    Este coelliño foi un día á horta a buscar coles para facer un caldiño pero cando volveu atopou a súa casa ocupada pola cabra Cabraza. Coa súa valentía e a axuda dos seus amigos tentará reconquistar o seu fogar... será quen de conseguilo?

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTAR!!
ESPERAMOS  VOLVER  A  VERVOS  NA  NOSA  BIBLIOTECA!!

BRAULIOTUBER E O SECTOR TERCIARIO

    Lembrádesvos de que en outubro tivemos unha visita especial na biblioteca?
    Era Braulio da familia dos Bolechas que veu a gravar un dos seus programas BraulioTuber, para a Televisión Galega.

     Este programa que estivo dedicado ao sector terciario e tivo como como protagonistas aos nosos alumnos e alumnas de 6º de infantil e 1º de Primaria,  acada de ser publicado.

   Mirade que ben o pasaron clickando na imaxe!!
http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-ii-27-4072346


Para recordar as imaxes da gravación, seguide o enlace:

jueves, 28 de marzo de 2019

DETECTI 5º - 6º Décimo reto

    Non podía faltar neste programa un desafío relativo a algo que estamos manexando diariamente e que os nosos alumnos traballan nos seus currículos de matemáticas: os euros.


   Aínda que máis que matemático, este reto era de darlle voltas á nosa cabeciña e chegar a unha solución lóxica que podedes escoitar e coñecer nas voces dos nosos detectives:


   E para a próxima semana, outro reto de lóxica.
A ver se sodes quen de resolvelo!! 




lunes, 25 de marzo de 2019

NOVOS TABOLEIROS PARA OS ESCORNABOTS

    O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaborou novos taboleiros para os escornabots. 

    Na parte traseira de cada un dos taboleiros, encontraredes as normas que vos explicarán como xogar  así como as tarxetas ou outros complementos que se necesiten para o desenvolvemento da actividade.
Canto sabes?
Xogo didáctico
Xogo didáctico (1)
Traballando as emocións
Escornapoli
Deportes
Xogando coa lingua
Xogando coa lingua (2)
Calculamos?
Xogo de mesa

viernes, 22 de marzo de 2019

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019

    No Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, celebráronse os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia 2019, nos que nos xuntamos os representantes das 700 bibliotecas escolares dos centros PLAMBE.
 
  
   Para estes encontros, a Asesoría de Bibliotecas Escolares seleccionou o proxecto radiofónico Coñecendo os nosos concellos que levamos a cabo entre o CEIP A Pobra do Brollón e o noso, como unha experiencia para expor aos outros centros escolares.
   Nesta exposición Dora, directora e responsable de Biblioteca do CEIP de A Pobra, e eu explicámoslle aos outros centros como entre nolas dúas e Montse, naceu esta idea nas xornadas de novembro, como se está desenvolvendo e a súa valoración.

   Para coñecer toda a información e escoitar as emisións destes programas, podedes seguir a etiqueta do noso blogue Coñecendo os nosos concellos ou acceder á presentación que realizamos.



    Persoalmente, como responsable do Equipo de Biblioteca, quero dar as grazas a todos os compañeiros do cole que traballan para sacar adiante estes proxectos, á Asesoría de Bibliotecas por contar con esta experiencia e a Dora, unha magnífica compañeira para este proxecto.


8ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

    Esta semana conmemórase a 8ª Semana Escolar da Árbore e da Auga e como vimos facendo nos últimos anos participamos nas actividades propostas pola Deputación de Lugo para que o alumnado da nosa provincia se conciencie sobre a importancia da nosa natureza e de respectala.
   O alumnado de Primaria adicou a Hora de Ler a facer unha lectura colectiva dos libros que nos enviaron desde a Deputación de Lugo para esta data: O poder da auga de Xose A. Perozo.
     Para o alumnado de infantil, enviáronnos o libro A camiñada de Pin e Gas tamén de Xose A. Perozo. Os biblioaxudantes Adrián, Loïc e Mara leron este libro para o resto de nenos e nenas do colexio.



    Para rematar a semana plantamos o bidueiro que nos enviaron no espazo exterior do colexio esperando que medre grande e forte.

jueves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA 2019

    Desde 1999, o 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía.

   Na nosa biblioteca os biblioaxudantes Senén e Xoán recitaron o poema A señora vaca do libro Os soños na gaiola escrito por Manuel María.
 

  E a continuación, o alumnado de Infantil A recitou e cantou o mesmo poema, esta vez coa musicalización do libro Canta o cuco. Uxía e Magín na casa de Manuel María