Mostrando entradas con la etiqueta Impresión 3D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Impresión 3D. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2026

DESEÑOS 3D

      O alumnado de Proxecto Competencial estivo traballando no 3º trimestre coa Impresora 3D.

    Primeiro aprenderon  a utilizar o programa Doodle 3d e despois elaboraron con el os seus propios deseños para uns chaveiros personalizados. A continuación pasáronnos polo programa de software para a nosa impresora e remataron imprimíndoos para poder utilizalos como chaveiros ou puntos de lectura.

Mirade que deseños tan chulos!






jueves, 18 de diciembre de 2025

DESEÑOS 3D DE NADAL

    Para este Nadal o alumnado de Proxecto Competencial estivo deseñando diferentes obxectos navideños co programa Doodle 3D: renos, bólas, un Papá Noel, árbores con triángulos, con círculos ou en espiral...




 

    Uns deseños moi fermosos que quedaron así de ben!!





sábado, 22 de noviembre de 2025

SEMANA DA MÚSICA: VENTO METAL

      O 22 de novembro celébrase o día de Santa Icía, patroa da música. Desde hai varios anos, no colexio conmemoramos esta data organizando a Semana da Música coa finalidade de coñecer mellor un instrumento musical. 

 

     Esta é a décimo terceira convocatoria e xa pasaron pola biblioteca o piano, a guitarra, a familia do vento madeira, instrumentos tradicionais galegos... e, o ano pasado, a trompeta. 

    Para continuar coa familia do vento metal, nesta ocasión decidimos coñecer máis a tuba pero tamén puidemos escoitar a trompa e o bombardino.

    Durante toda a semana, os nenos e a nenas do colexio fixeron un traballo de investigación sobre o instrumento protagonista deste ano para poder superar os diferentes retos e preguntas que foron aparecendo na porta da biblioteca.


    Para completar a formación sobre estes instrumentos tivemos na biblioteca a Lucas Álvarez Abella, intérprete de tuba na Banda de Música de Sober e mestre no Conervatorio de Monforte, acompañado de Saúl que toca o bombardino e de Leonor que toca a trompa.


  Lucas explicounos moitas cousas sobre a tuba e os demais instrumentos de vento metal: que instrumentos forman parte da familia do vento metal, que diferencias hai entre eles, a súa historia... 


    Tamén aprendemos moito sobre como se produce o son e o mecanismo destes instrumentos escoitando incluso como varía o son movendo as válvulas que poden axudar á súa afinación.

      Ademais de todos os coñecementos teóricos puidemos escoitalos aos tres en directo como solistas e formando un trío.
 
 
      Para rematar, Lucas entregou os agasallos do certame de investigación entre os que había unhas claves de sol e unhas boquillas de tuba impresas en 3D que puidemos comprobar que realmente funcionaban.

     Se vós tamén queredes aprender moito sobre esta familia de instrumentos, podedes escoitar a entrevista que Saúl, Leonor e Xoán lle fixeron a Lucas en Radiuvín.
 
 
 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTE  CONCERTO  DIDÁCTICO!!
 

FELIZ  DÍA  DE   SANTA  ICÍA!!
 
 

lunes, 9 de junio de 2025

SEMANA DA EDUCACIÓN VIAL

    Durante esta semana a mestra de Educación Física desenvolveu un Proxecto de Educación Vial con todo o alumnado do colexio; para isto fixo un gran circuíto vial no pavillón do colexio que os nenos e as nenas percorreron cos triciclos, bicicletas ou patinetes que trouxeron das súas casas.


 
   Desde a biblioteca colaboramos con este proxecto facendo agasallos coa impresora 3D para o alumnado participante. Unha medalla de elaboración propia con Doodle 3D e unha bicicleta descargada de thingiverse (Bicicleta miniatura Keila_Ortega).
 


 
 

viernes, 11 de abril de 2025

O VERDADEIRO COELLO DE PASCUA

     A piques de comezar as vacacións de Semana Santa, o alumnado do cole tivo que enfrontarse a unha busca do tesouro de Pascua.

    Para comezar os biblioaxudantes de 6º léronnos a fábula "O verdadeiro coello de Pascua"  que conta a historia dunha familia de coellos que debe entregar os ovos de Pascua aos nenos da casa verde con xardín.

 

   Despois do conto os nenos e as nenas dividíronse por equipos de coellos de cores coas súas graciosas orellas.







   E a continuación comezou a busca do tesouro para a que tiñan que superar diferentes probas pero para saber por onde tiñan que comezar tiñan que descifrar a primeira pista en inglés.


   A primeira proba era doada se estiveron atentos á fabula xa que se trataba de resolver un encrucillado con datos da historia.


   A segunda proba era un circuíto de equilibrio para coellos no Salón de Actos.

 A terceira fase que había que superar unha proba de puntería.


 Na cuarta proba os coelliños  e coelliñas  tiveron que facer unha carreira de saltos.

O penúltimo reto consistía en facer dous coelliños co trangram clásico e resolver un tangram oval impreso coa impresora 3D.


A última proba era conseguir poñer a salvo os ovos de Pascua para poder entregalos aos nenos da casa verde con xardín.

 Unha vez rematado o xogo e con todas as probas superadas, os equipos puideron saborear os doces ovos de chocolate!!

 Para acabar o día, o alumnado puido disfrutar dunha sesión de cine na biblioteca.

GALERÍA  DE  IMAXES