martes, 30 de mayo de 2023

AS ABELLAS: PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

    Para rematar as actividades relacionadas co mel deste ano, o alumnado fixo unha investigación para ampliar e poñer en orde os contidos obtidos que rematou cun programa especial de radio.

   Nas seguintes imaxes, podedes ver diferentes momentos do desenvolvemento da secuencia de aprendizaxe: busca de información en rede, tratamento da información, redacción do guión radiofónico e gravación do programa de radio.
 

 





viernes, 26 de mayo de 2023

AS CORES DO MUNDO

    O grupo de teatro do cole representou en primicia a obra "As cores do mundo" que é unha adaptación do libro do mesmo título feita pola súa mestra de teatro Paqui Abeledo.

   Con Xoán, Aldán, Teo, Erea, Leonor, Ada, Candela, Carlota e Darío coñecemos mellor todas as cores do mundo e a importancia de cada unha delas.


Foi unha obra moi entretida e divertida que mantivo a todo o público moi atento ata o final!


   Para rematar os protagonistas e a súa mestra de teatro, responderon ás preguntas que os espectadores e espectadoras lles fixeron sobre a montaxe da obra, a dificultade, o vestiario...


PARABÉNS  POR  ESTA  ACTUACIÓN!!

SODES  UNS  ARTISTAS!!


miércoles, 24 de mayo de 2023

EDUCACIÓN AFECTIVO - SEXUAL NA INFANCIA

    Esta actividade forma parte dun programa de Educación e Saúde na escola e na familia organizado polo Colexio de Enfermería de Lugo e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Lugo (FACAPEL) para axudar aos nenos e nenas a valorar igual ambos sexos mostrando as diferenzas entre cada un desde a primeira infancia pero de xeito igualitario.

   As matronas que nos acompañaron centraron a súa intervención na aceptación, recoñecemento e valoración tanto do propio sexo como do outro, proceso esencial para un desenvolvemento libre de discriminación e desigualdade xa que ningún sexo vale máis co outro.

  Tamén nos falaron sobre a nosa orixe desmitificando o procesos de fecundación, embarazo e parto para tratar de normalizalos.

   Outra actividade relacionada co embarazo foi a auscultación do latido cardíaco mediante o estetoscopio de Pinard.

    

    Os máis maiores afondaron na aceptación do propio corpo e dos cambios que van a ir experimentando para evitar complexos e connotacións negativas: cambios físicos (a altura, os xenitais, crecemento de pelo, a voz, o olor corporal, a menstruación...) e cambios emocionais (dificultade para controlar as emocións, os cambios de humor, a apreciación de que ninguén nos entende...)

    Para rematar queremos compartir un lema que nos debe quedar claro:

"ANTES DE QUERER AOS DEMAIS

HAI QUE  QUERERSE  A  UN  MESMO.

AUTOESTIMA É COÑECERSE, ACEPTARSE,

QUERERSE, COIDARSE E VALORARSE

PARA  MOSTRARNOS  COMO  SOMOS"

  

 GALERÍA  DE  IMAXES


viernes, 19 de mayo de 2023

HIXIENE E SAÚDE BUCODENTAL

    Hoxe tivemos visita na biblioteca; con nós estiveron Iván Sánchez, exalumno do colexio, Sergio Rodríguez e Lucía Vázquez. Os tres traballan na Clínica Dental Escairón e viñeron a falarnos sobre saúde e hixiene bucodental, xa que como sabedes, a saúde é un dos obxectivos da Axenda 2030 que queremos reforzar.
 

 
       

    Nesta actividade os alumnos e alumnas do cole coñeceron da man destes profesionais a importancia dun bo cepillado dental e os pasos para que o cepillado sexa correcto. 
 
 

 
    Tamén nos falaron sobre a importancia dunha alimentación adecuada e dos alimentos que nos poden axudar a manter san a nosa dentadura: froitas, verduras, leite, queixo... porque a saúde da dentadura repercute no resto do corpo.

   Para rematar, practicamos o cepillado cunha dentadura e cubrimos unhas fichas nas que se recollían as ideas principais desta charla:
  • Cepillar os dentes 3 veces ao día.

  • Que o cepillado dure 2 minutos

  • Utilizar pouca pasta

  • Visitar ao dentista

  • Comer menos chuches e doces

 

    

   Se queredes máis información e consellos sobre hixiene e saúde bucodental podedes escoitar o podcast no que Iván, Sergio e Lucía responden ás preguntas de Carlota e Diego.


MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  CHARLA!

ESPERAMOS, COMO VÓS DIXESTES, QUE  O  COLE  DE  SOBER  SEXA  A  PARTIR  DE  AGORA  UN  LUGAR  LIBRE  DE  CARIES!!


 

 


jueves, 18 de mayo de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Aldán (18/5/2023)

   En As familias contan de hoxe recibimos a Tamara, a nai do noso alumno Aldán de Ed. Infantil, que era a primeira vez que viña a participar nesta actividade.


   Entre os dous leron o libro O dragón co traseiro en chamas de Beach, un libro que conta a historia dun dragón que non pasa polo seu mellor momento xa que acaba de perder a súa chama.

 

  E como vos imaxinaredes, isto para un dragón é un gran problema, sobre todo para dragóns que se adican a chamuscar cabaleiros.

   Menos mal que Sir Wayne, o cabaleiro que se tiña que enfrontar a el, era moi enxeñoso e tivo unha idea para axudalo: preparar a receita máis picante do mundo para conseguir que o dragón volvera a ter un alento abrasador.

   Pero este remedio non tivo o resultado esperado e a chama acabou saíndo por outro sitio que non era precisamente a súa boca...

  Se queredes coñecer toda a historia deste dragón, podedes escoitar o libro no seguinte podcast que Aldán e Tamara gravaron na nosa radio.

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  DOUS  POR  PARTICIPAR  NESTA  ACTIVIDADE!!

GALERÍA  DE  IMAXES


LETRAS GALEGAS: Concurso de escrita

    Para conmemorar o Día das Letras Galegas, convocamos un certame de creación literaria para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

   Entre as obras participantes, eleximos o conto de Iria González Casares titulado Como me chamo?  que é a historia dun pequeno canciño sen nome.

   Para saber máis sobre o noso protagonista podedes escoitar o seguinte podcast no que a propia autora le a súa obra.

miércoles, 17 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS: Investigación sobre Francisco Fernández del Riego

  Cada ano convocamos un Certame de Investigación Letras Galegas sobre o autor homenaxeado no que lle propoñemos ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra.

  Este ano cambiamos o certame individual por unha actividade grupal na que o alumnado dividido por equipos tiña que buscar os datos que se pedían en carteis elaborados para esta actividade ou nos carteis enviados pola Xunta de Galicia.
  
 

  Con cada resposta acertada, conseguían unha peza para completar o seu quebracabezas.



Ao final todos os equipos conseguiron rematar os seus retos!!
 
PARABÉNS!!