lunes, 27 de febrero de 2017

ENTREVISTA AO NOSO DIRECTOR EN ONDA CERO - MONFORTE

   Estos días non lectivos de entroido, a periodista Manola Porto, aproveitou para facerlle unha entrevista ao noso director sobre a súa labor docente.
Escoita  a  entrevista, seguindo o ENLACE

viernes, 24 de febrero de 2017

DESPEDINDO A SONIA

    Hoxe, además do desfile de entroido, foi o momento de despedir a Sonia, a compañeira que estivo sustituíndo á profe de Infantil desde principio de curso. E xa que estamos traballando a poesía...que mellor que unhas coplas
Queremos desde aquí dedicarlle unha aperta moi forte e decirlle ata pronto!!!

BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES - Entroido 2017

    Este ano quixemos dedicar o desfile escolar de entroido ao mundo da arte, convertendo o colexio nun gran museo pero tamén descubrindo e compartindo obras artísticas tanto contemporáneas como doutros tempos.
   Baixo o lema deste ano: Biblioteca Escolar, territorio das artes, o PLAMBE proponnos espertar o interese por achegarse aos produtos artísticos e aprecialos e tamén experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura e as artes visuais.
    Para isto, cada unha das clases do noso centro investigou sobre unha arte diferente (en que consiste, obras representativas, autores recoñecidos...) e plasmouna nos seus disfraces que por diante levaban a obra escollida por cada alumno/a e por tras o lema da biblioteca e un cartel identificando dita arte:
- INFANTIL A: Música
- INFANTIL B: Cine
- 1º e 2º: Arquitectura
- 3º e 4º: Escultura
- 5º e 6º: Pintura
- AS PROFES: Literatura

   Ademais estivemos acompañados polas compañeiras e os nenos e nenas do PAI de Sober que representaban aos artistas.

   A continuación podedes ver un pequeno resumo neste vídeo

   Podes ver todas as imaxes deste desfile no seguinte enlace: GALERÍA  DE   FOTOS

jueves, 23 de febrero de 2017

XOVES DE ENTROIDO: COPLAS A JOSÉ MANUEL

   Con esta comanda do Meco e unhas coplas de entroido, quixemos homenaxear ao noso director que se xubilará ao rematar o curso

No seguinte vídeo podedes escoitar as coplas e revivir este momento


miércoles, 22 de febrero de 2017

O NOSO CORPO

    Este ano o alumnado de Infantil está a traballar o seu corpo a través dos escornabots.

    Dividimos ao alumnado en grupos e en cada taboleiro repartimos partes do corpo dun neno ou dunha nena.

   Eles teñen que conseguir mover o escornabot polo taboleiro para acadar as pezas correspondentes e formar o seu quebracabezas que logo colorearán

martes, 21 de febrero de 2017

FÓSILES NA BIBLIOTECA

    Os biblioaxudantes Rocío e Herbert axudados por Uxía; faláronnos hoxe de fósiles.

    A orixe deste traballo de investigación foi a visita que Herbert e Uxía fixeron a Lyme Regis; unha localidade costeira británica coñecida como "A Perla de Dorset" pola cantidade de fósiles atopados nos seus acantilados e praias. 

    A costa que rodea Lyme Regis sofre grandes movementos de terra o que provoca que os fósiles da época xurásica queden á vista sobre as praias.

    Desta visita, eles mesmos trouxeron restos que nos ensinaron despois da súa exposición.





CIENCIA EN INGLÉS COS ESCORNABOTS

    Xa que temos a Zoe, a auxiliar de conversa, na clase de Ciencias da Natureza en 1º e 2º de Primaria; traballamos os animais e vocabulario en inglés.

    Colocamos as tarxetas de animais no taboleiro e tiramos os dados.

   Despois, programamos o escornabot tantas movementos como puntos conseguimos na tirada; tentando caer nunha casilla con imaxe.

    Se, o xogador/a coñece o nome dese animal en inglés e é capaz de dicir a qué especie pertence (Mamífero, ave, anfibio, réptil, peixe ou insecto) queda co animal para si.

    Cando se rematan as imaxes de animais; gaña o xogo quen máis tarxetas teña.



lunes, 20 de febrero de 2017

INSTRUMENTOS DE PEQUENA PERCUSIÓN

   Con esta actividade, tratamos de interiorizar o son dos instrumentos de pequena percusión facendo fincapé nas diferentes familias: parche, madeira e metal.

    Con esta finalidade elaboramos un taboleiro con códigos QR enlazados a vídeos cos sons destes instrumentos e imaxes dos memos.

    O alumno debe dirixir o escornabot a un código QR

A continuación terá que ler o código coa tablet. 


Para rematar, dirixirá o escornabot ao instrumento correspondente e tocamolo na clase.

FICHA  DIDÁCTICA
TABOLEIRO

viernes, 17 de febrero de 2017

AS FAMILIAS CONTAN - Familia de Senén

    Nesta xornada de As familias contan, tivemos na biblioteca a Sonia e a Senén que nos contaron o conto: Quen necesita un sombreiro máxico? de M. Jesús Bolta

    Sonia, narrounos a historia de Sabela que ten un sombreiro máxico que fai realidade todos os seus desexos pero aínda así...non é feliz! 
    
     A través deste conto, puidemos reflexionar sobre a felicidade e a importancia dos amigos:
- Que necesito para ser feliz?  
- Necesito cousas materiais? 
- Podo ser feliz sen moitos xoguetes?


Moitas grazas aos dous por contarnos esta historia, 
estamos encantados do voso paso pola bibioteca!!

miércoles, 15 de febrero de 2017

XOGOS ESCORNABÓTICOS PARA ALUMNADO CON NEAE

    Tamén o alumnado con necesidades específicas de atención educativa traballa cos escornabots.

    A mestra de PT afín a AL, acaba de elaborar uns taboleiros para traballar co alumnado que ten dificultade articulatoria con determinados fonemas.

   Ademais co taboleiro en branco failles exercicios para mellorar a atención, coma este de recoñecemento de letras.

lunes, 13 de febrero de 2017

FORMAS E CORES

    Imos reforzar as formas xeométricas e as cores no alumnado de Infantil A.

    Primeiro, elaboramos un taboleiro no que aparecen as formas xeométricas combinadas coas cores que queremos traballar e dous dados; un coas formas e outro coas cores

    Esta actividade consiste en combinar formas e cores ao azar, tirando os dados específicos. Así que por quendas, dous nenos tiran cada un o seu dado.

    O xogador ao que lle toca dirixir o escornabot deberá atopar a combinación dos dados no taboleiro e dirixir a ela o robot.




viernes, 10 de febrero de 2017

TALLER DE POESÍA

    O alumnado de 3º e 4º de Primaria ven de realizar un taller de poesía coa súa profesora de Lingua Castelá. 

    O resultado deste taller son uns fermosos poemas que hoxe recitaron para todo o alumnado na biblioteca do centro cos biblioaxudantes como mestres de cerimonia.