Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia na biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia na biblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de marzo de 2026

FACEMOS UN PLUVIÓMETRO

    Este ano está chovendo moito e isto plantexounos algunhas preguntas: canto está chovendo? Chove igual en Sober que nas súas parroquias? Chove o mesmo todos os días?


   Para saír de dúbidas decidimos facer uns puvliómetros co alumnado de 3º de Primaria e que cada neno/a levase o seu para a súa casa durante unha semana. 
 
    Necesitamos botellas de plástico reutilizadas do comedor escolar, auga, rotuladores permanentes e unhas xerras medidoras que indiquen milímetros. Comezamos cortando as botellas e despois imos vaciando auga coas xerras medidoras de 100 ml en 100 ml marcando a altura da auga na botella con rotuladores permanentes.
 
  Repetimos o proceso ata que temos todas as botellas marcadas de 0 a 1.000 ml traballando e utilizando tamén unidades equivalentes: 100 ml = 1cl; 1.000 ml = 1litro.


  Cos pluviómetros preparados, cada crianza levou o seu para casa xunto cunha ficha para cubrir os datos meteorólóxicos que se produzan durante unha semana: precipitacións, estado do ceo e temperatura.

    Despois puxemos todos os datos en común e fixemos unha táboa na que rexistramos os datos de cada parroquia comparando as precipitacións, a temperatura e o estado do ceo para decatarnos de que, aínda que vivimos todos no mesmo Concello, os datos non son iguais nas diferentes parroquias.
 
 

Resultou unha actividade moi interesante coa que aprendemos moito sobre a diferenza entre clima e tempo atmosférico. 
Seguirá chovendo tanto en primavera?

miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA: EVA CABANELAS DOPAZO

   O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia. A  Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou esta efeméride coa intención de visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".


Imaxe: Asesoría Bibliotecas Escolares

   Por esta razón e porque no colexio estamos desenvolvendo o proxecto de animais "Misión animal: vida, hábitats e segredos", convidamos á biblioteca a Eva Cabanelas Dopazo, profesora de FP de Sanidade no IES Daviña Rey de Monforte que ademais é Licenciada en Veterinaria e Doutora en Sanidade Animal pola Universidade de Santiago de Compostela.

   Na charla divulgativa que tivo cos máis pequenos e pequenas: "Curiosidades de los animales domésticos" contoulles moitas cousas sobre estes animais e sobre a responsabilidade que implica ter unha mascota na casa.


    Tamén lles explicou  aspectos que hai que ter en conta para a elección da mascota (raza, sexo, carácter...) e lles deu consellos moi interesantes sobre o seu coidado (educación, alimentación, hixiene, coidados veterinarios...).

     Ademais respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os cativos, que non foron poucas!


   Na segunda charla (enfocada aos máis maiores) o tema foi totalmente diferente: "Ectoparásitos del ser humano". Nesta ocasión os protagonistas non foron as adorables mascotas senón pulgas, carrachos, piollos e ácaros.


  Descubrimos como poden chegar ao noso corpo,  como identificalos, que consecuencias teñen para nós, que enfermidades poden  transmitir, que é a enfermidade de Lyme e por que parece que hai tantos carrachos na nosa provincia, cal é a perigosidade de cada parasito...  En fin... un montón de aprendizaxe!!
 

         E para rematar a charla, puidemos ver unha mostra destes bichiños na pantalla amplificados cunha lupa e outros conservados en formol.
 


.   Claro que os máis riquiños eran os peluchiños que non parecen nada perigosos e ata dá gañas de achuchalos!
 
     Finalizamos a actividade coa entrevista que Carla Martínez, Silvia e Xiana lle fixeron a Eva en Radiuvín e que podedes escoitar no seguinte podcast.
 
MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  PASAR  ESTE  DÍA  CON  NÓS, ESPERAMOS  QUE  VOLVAS  A CONTARNOS  MOITAS  MÁIS  COUSAS  SOBRE  O  MUNDO   ANIMAL  E  QUE  A  TÚA  EXPERIENCIA  ANIME  ÁS  NOSAS  NENAS  A  ESTUDAR  A  CARREIRA  QUE  QUEIRAN!!
 
 
 


 

martes, 2 de diciembre de 2025

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025 (II)

  

     Seguimos compartindo experimentos realizados durante novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

    Compartimos hoxe os experimentos de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria para que vexades que pequenos científicos e científicas son:

 

 

  

 

 

 

lunes, 1 de diciembre de 2025

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025 (I)

       En novembro conmemórase o Mes da Ciencia en galego coa finalidade de mostrar que a lingua galega é tan útil e tan válida como calquera outra para facer pescudas e divulgación científica. 

   Para comprobalo estivemos facendo diferentes experimentos durante todo o mes e hoxe comezamos compartindo os experimentos de Educación Infantil:

  

 

 

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA: LAURA LLANO RODRÍGUEZ

  A  Asamblea Xeral das Nacións Unidas conmemora o 11 de febreiro o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, coa intención de visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".

Imaxe: Asesoría Bibliotecas Escolares
 

    Por esta razón invitamos hoxe ao colexio a Laura Llano Rodríguez, ex-alumna do centro que estudou o Grao en enxeñería eléctrica e traballa na actualidade nunha empresa de consultoría enerxética, concretamente na xestión das liñas de alta tensión.

   Ela comezou falándonos da importancia da electricidade na vida cotiá (acender ou apagar a luz, o frigorífico, a lavadora...) e as diferentes formas que temos de conseguir electricidade.


    Sobre todo da enerxía eólica e dos aeroxeradores que se poden ver case desde calquera lugar de Sober; de feito, o alumnado sorprendeuse moitísimo coas dimensións reais que teñen xa que nalgúns ata hai un ascensor dentro para subir a facer o mantemento!

 

    Tamén nos trouxo unha maqueta feita con culleres e un tapón de plástico que ao xirar acendía un pequeno led coa que nos explicou o seu funcionamento: por que as veces as aspas non funcionan aínda que haxa vento, por que non poden funcionar se hai moito, como xiran para aproveitar a dirección do vento...


   Despois explicounos como chega a electricidade que se xera ás nosas casas e os diferentes tipos de torres de alta tensión. Sabiades que son de cores brancas e vermellas con luces na parte superior cando están preto dun aeoroporto?

     Tamén aprendemos como son os cables de alta tensión: que poden ser de cobre ou aluminio porque ambos son bos materiais condutores (aínda que nos dixo que o mellor era o ouro pero sairía demasiado caro) e as diferenzas que hai entre eles dependendo se son dos que van polas torres ou se son dos que van soterrados.

       Para rematar Laura respondeu a todas as preguntas dos nosos nenos e nenas que vos podemos dicir que non foron poucas!

      Se queredes saber moitas máis cousas sobre o traballo de Laura, podedes escoitar o seguinte podcast no que responde ás preguntas de Lara, Nayara e Daniela.

MOITAS  GRAZAS  POLA  TÚA  VISITA!!

ESPERAMOS  QUE  A  TÚA  EXPERIENCIA  NOS   AXUDE  A  COMPRENDER  QUE AS  NENAS  E  OS  NENOS  PODEN  SER  O  QUE  QUEIRAN  SER.



sábado, 7 de diciembre de 2024

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO (IV)

  Compartimos os últimos experimentos realizados durante novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

  Rematamos cos experimentos de 5º e 6º de Primaria para que aprendades moito sobre o aparello dixestivo, as células vexetais da cebola e os efectos do tabaco no aparello respiratorio.

 

 

 

 

 


viernes, 6 de diciembre de 2024

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO (III)

 Explorando o Universo na Biblioteta Escolar: Por que a Terra non para de bailar?

    Neste mes da ciencia nas bilbiotecas escolares os nenos e nenas de 4º de Primaria quixemos descubrir un segredo a voces: a Terra non deixa de moverse e iso fai que cada día e cada estación sexan unha verdadeira obra de arte científica. Para logralo, construímos unha pequena maqueta ilustrativa e contamos algunha que outra anécdota.

Acompáñanos nesta aventura!

 

jueves, 28 de noviembre de 2024

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO (II)

    Seguimos compartindo experimentos realizados durante novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

    Compartimos hoxe os experimentos de 1º, 2º e 3º de Primaria para que vexades que pequenos científicos e científicas tan marabillosos temos:

 

 

 

 

martes, 26 de noviembre de 2024

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO (I)

      No ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento e, por esta razón, novembro converteuse para nós no Mes da Ciencia en galego

   O obxectivo desta conmemoración é mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescudas e divulgación científica e para demostralo, durante todo o mes estivemos a facer diferentes experimentos.

   Comezamos compartindo os experimentos de Educación Infantil:

 

 


lunes, 14 de octubre de 2024

XORNADA MICOLÓXICA

  Coas cestas preparadas e acompañados por Ramón Losada (micólogo da Asociación Micolóxida de Madrid), volvemos a realizar unha xornada didáctica sobre setas e cogomelos cos nenos e nenas do colexio.
 
 
   Nesta xornada saímos polos arredores do colexio para buscar as setas e os cogomelos e desfrutamos da natureza, das cores propias do outono e das explicacións de Ramón.


    Cunha boa colleita e coas cestas cheas voltamos ao colexio onde, coa axuda do micólogo e consultando libros sobre setas, diferenzamos as especies tóxicas (mantel vermello) das non tóxicas (mantel branco) e puxémoslles etiquetas cos seus nomes.
 
      Para rematar a xornada, Ramón fixo unha explicación sobre elas, as súas propiedades, os seus perigos, as súas partes, como diferenzalas...

     Pero a experiencia coas setas este ano non acabou aquí senon que ao día seguinte, Juan e Sefa (os nosos cociñeiros) prepararon todos os boletus reticulatus que colleitamos para acompañar o menú do comedor.
Estaban boísimos!!!
 


   Lembrade que na biblioteca temos moitos fondos sobre setas nos que poderedes ler historias ou contos de cogomelos, pero tamén libros nos que poderedes aprender moitas máis cousas sobre as setas.