martes, 19 de septiembre de 2023

IV VISITA DIDÁCTICA ÁS ESCAVACIÓNS DE PROENTIA

       Por cuarto ano, o alumnado de 3º a 6º de Primaria visitou ás escavacións arqueolóxicas que se están realizando na antiga Proentia, correspondentes á parroquia soberina de Proendos, para coñecer a nova fase deste proxecto da man do propio equipo arqueolóxico.

   A escavación que visitamos é a zona do hórreo onde Francisco Alonso, o director técnico, nos explicou en que consisten os traballos de consolidación que están realizando e a importancia dos mesmos para a súa conservación.

    Durante esta visita puidemos comprender a importancia do hórreo en si mesmo xa que é o único destas características no noroeste peninsular; pero tamén a importancia de toda a información que se pode deducir a partir do seu descubrimento.


   Ademais coas súas indicacións puidemos fixarnos en moitos detalles que doutro xeito non saberiamos:

a importancia do cambio de cor da terra,

 
a existencia dunhas pedras chamadas xuntoiros que atravesan os muros,

a razón pola que utilizan trozos de lousa nos seus traballos,

as tébulas que nos indican como era o seu tellado,

como os muros se cortan entre si,


ou a apararición dunha fosa.

   A sesión didáctica rematou coa presenza do director do proxecto en Radiuvín para falar con Javier e Antía sobre todo o que aprendemos na visita e moitas cousas máis que poderedes averiguar oíndo o programa que gravaron.




   MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA VISITA  QUE  AXUDA  A QUE  O  NOSO  ALUMNADO  COÑEZA  O  VALOR  DAS  RIQUEZAS  DO  NOSO  CONCELLO!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

martes, 4 de julio de 2023

A PRINCESA DO CAUREL: Premiada co Accésit do concurso Nós tamén creamos

   Este ano participamos por primeira vez no concurso  Nós tamén creamos  convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten como finalidade a "promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas". 


    Para participar cada centro ten que elaborar unha curtametraxe en galego coa técnica stop motion a partir dun álbum ilustrado. No noso caso escollemos o libro A princesa do Caurel de Javier Solchaga e Patacrúa que é un conto acumulativo clásico arredor do roubo do anel desta princesa do Caurel.

   Para a elaboración da curtametraxe, o alumnado de 3º de primaria comezou investigando en internet como facer os elementos e personaxes que aparecen no libro co tangram.

   Despois fixeron todas as fotos necesarias para a montaxe da curta.

 

  E para rematar, gravaron a narración do conto nos estudos de Raiduvín.

   Despois de tanto traballo...  

O RESULTADO  FINAL  FOI  PREMIADO  CO  ACCÉSIT  NA  SÚA  CATEGORÍA!!

Podédelo ver no seguinte enlace:

Acceso a páxina web da CRTVG

 PARABÉNS  AO  ALUMNADO  E  PROFESORADO  ENCARGADOS  DESTE  PROXECTO!!!

 

miércoles, 21 de junio de 2023

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º

   Cada ano temos que despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio. A Cristian, Darío, Libertad, Yanira, Lucas, Mencía, Susana, Iria e Gareth, coñecémolos cando chegaron a Educación Infantil.

      Lola, Naím e Gissela foron incorporándose ao grupo en diferentes cursos de primaria; pero aínda que pasaron menos tempo neste colexio, son igual de importantes para nós. Agora todos elxs forman un marabilloso grupo de 12 nenos e nenas!!

   No seguinte podcast, poderedes escoitar a carta que escribiron  como despedida agora que xa se van ao instituto.

    Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán en setembro non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que se poñen en práctica todo o aprendido durante estes anos, terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos compartindo vivencias, levades con vós un pedaciño do noso corazón.

 ATA  SEMPRE!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

 

lunes, 19 de junio de 2023

DESPEDIDA BIBLIOAXUDANTES E BIBLIOPROFES

   Co curso a piques de rematar, pechamos as actividades da biblioteca  DÁNDOLLE  AS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES!!

     Eles/elas forman parte do programa  Voluntariado de Lectura - A  integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias e durante o curso dedican varios recreos a tarefas relacionadas coa biblioteca: préstamo, devolucións, organización, axuda aos compañeiros, lecturas...



   Por todo este traballo realizado, fixémoslle entrega dos diplomas correspondentes, das mochilas enviadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e duns pequenos agasallos de Lectuvín.
 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  DEDICACIÓN  Á  BIBLIOTECA!!
 

 Tamén lle queremos dar as grazas aos biblioprofes que se despiden este curso.
 
Oxalá volvamos a vervos en vindeiros cursos pero se non é así... MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  IMPLICACIÓN, O  VOSO  TRABALLO  E  AS  VOSAS  APORTACIÓNS!!
 

LEMOS, CREAMOS e EXPRESAMOS - 2ª Parte

    Durante o segundo trimestre os alumnos e alumnas de 1º de Primaria levaron a cabo coa axuda das familias, unha tarefa chamada "Lemos, creamos e expresamos" para desenvolver diversas competencias e habilidades relacionadas coa comprensión lectora, a expresión oral, o traballo manual e a cooperación. (Ver actividade)

 

   Dada a gran acollida que tivo esta tarefa, no último trimestre repetiron experiencia con contos distintos e un toque máis de experiencia como poderedes ver nos seguintes vídeos.

     O resultado foi moi positivo xa que reflexou a motivación e a evolución dos alumnos e alumnas, un éxito!


 
 

PARABÉNS A TODO  O  ALUMNADO,

SODES  UN  GRUPO DE  10!!

BO  VERÁN!!