jueves, 21 de diciembre de 2017

FELICITACIÓN DE NADAL

  Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos esta felicitación coa panxoliña "Vuela, vuela esa estrella".

Unha felicitación na que non podía faltar a biblioteca xa que como a letra da panxoliña di:
 "Os deseamos una navidad llena de hermosas historias que contar"
 "y recordad, que la imaginación es el mejor de los regalos"   

CERTAME CONTOS DE NADAL - 2017

Aquí tedes as historias gañadoras do Certame Contos de Nadal.
    Os autores destes contos, léronnos as súas historias na biblioteca o último día de clase para dar por rematadas as actividades da biblioteca neste trimestre.


martes, 19 de diciembre de 2017

FORMACIÓN IMPRESIÓN 3D

    Para poder sacarlle o máximo partido posible á nosa impresora 3D, os profesores do colexio estamos facendo un curso de formación de Impresión e Deseño 3D. Na xornada de hoxe, puidemos ver como funciona un escáner 3D.

lunes, 18 de diciembre de 2017

ADORNOS DE NADAL

    Na asignatura de Investigación e tratamento da información, o alumnado de 4º e 6º de Primaria empezamos a traballar coa impresora 3D e o programa de deseño Tinkercad.
  
    Para as árbores de Nadal das nosas casas, deseñamos entre todos as seguintes bolas de Nadal que imprimimos en dúas cores pausando a impresión para cambiar o filamento, a que quedaron bonitas??



viernes, 15 de diciembre de 2017

QUERES ARGALLAR?

   É moi gratificante ver cómo o alumnado se vai facendo autónomo en todo o que ten que ver cos escornabots e o recuncho Queres argallar?

    Nestas imaxes podemos ver a un alumno de 5 anos explicándolle a outro de 4 como ten que facer para dirixir o escornabot



jueves, 14 de diciembre de 2017

POSTAIS DE NADAL

Xa temos listas as postais de Nadal deste ano que completan o recuncho de lecturas recomendadas para esta época; aínda que nesta ocasión son bastante especiais.
 Cada unha delas, leva impresións 3D feitas coa nosa impresora e na nosa biblioteca:
As de 5º e 6º de Primaria, están feitas con bólas de navidad que descargamos de thingiverse
As de 3º e 4º de Primaria, levan formas xeométricas que se adaptaron co programa tinkercad
Nas de 1º e 2º de Primaria encontraredes folerpas de neve
 
E as felicitacións de Infantil levan estreliñas de tinkercad para coroar a árbore de nadal
 

martes, 5 de diciembre de 2017

CHEGA O NADAL

Chega o Nadal e no colexio xa temos a árbore preparada.
 
   Este ano conxugamos a reciclaxe que traballamos desde o Programa Voz Natura coa Impresora 3D da biblioteca.
 

sábado, 2 de diciembre de 2017

VIII XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

   Esta fin de semana tiveron lugar as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia; unhas xornadas que foron inauguradas por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. e nas que participamos máis dun milleiro de mestres. 
 
    Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segundo ano co noso centro para expor o noso traballo na parte referida a "Biblioteca escolar, base de exploracións" onde participamos coa presentación Queres argallar? Escornabots e espazo maker na biblioteca escolar de Sober que podedes consultar a continuación

  Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido das alfabetizacións múltiples, a robótica e os laboratorios creativos de aprendizaxe.

   Para min, como mestra encargada do proxecto, é unha honra representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia.
    Para rematar, desde o Equipo de Biblioteca queremos dar grazas a todas as persoas que colaboraron con nós na posta en marcha e funcionamento deste proxecto; sobre todo a Elías e Rocío, papás que voluntariamente viñeron durante boa parte do curso a traballar a linguaxe de programación co alumnado de Primaria de xeito desinteresado e que supuxeron un gran apoio.

jueves, 30 de noviembre de 2017

RADIO NA BIBLIO: RESEÑA DE PRENSA

    Os xornais da nosa comarca fixéronse eco da resolución do Proxecto Radio na Biblio na que o noso centro xunto co de A Pobra do Brollón foron seleccionados para a posta en marcha dunha Radio Escolar.

miércoles, 29 de noviembre de 2017

O POLO PEPE

O alumnado de Infantil A está traballando coa súa profe o libro O polo Pepe.
 Desde a biblioteca, imprimimos uns poliños que levaron para casa
cando remataron de traballar con este conto

martes, 28 de noviembre de 2017

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

   Seguimos co Mes de Ciencia en Galego na Biblioteca; agora presentamos o experimento da clase de 3º e 4º de Primaria que os alumnos escolleron de Experimentos divertidos para niños de Carla Nieto Martínez (Ed. Libsa) para explicarnos por que flotan os barcos.

lunes, 27 de noviembre de 2017

RADIO NA BIBLIO

    O xornal dixital diariodelemos.es fíxose eco da nosa selección xunto co CEIP de A Pobra do Brollón, como un dos 20 centros que participaremos no Proxecto Piloto da Asesoría de Bibliotecas Escolares Radio na biblio.

     Podedes acceder á información clickando no titular:

http://www.diariodelemos.es/educaci%C3%B3n/radio-biblioteca/

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Desde a biblioteca non podemos deixar pasar o Día contra a violencia de xénero sen tentar loitar contra esta lacra da sociedade.

    Para iso, os biblioaxudantes de hoxe, léronnos o libro Rosa Caramelo de Adela Turin. 

   Unha historia na que todas as elefantas da manada desde o seu nacemento só poden comer flores que lles dan unha pel rosada e suave, viven nun xardín pechado xogando entre elas e vestindo zapatiños cor rosa, roupa de cor rosa e grandes lazos rosa nos seus rabos. Mentres, os elefantes machos poden xogar libres, comer herba, revolcarse no lodo e ducharse no río. 

   Nesa manada, un día naceu unha elefanta chamada Margarita que non quixo ser de cor rosa, nin comer flores rosas nin levar roupa rosa; e escapou do xardín para xogar coma os elefantes machos. Pouco a pouco, as outras elefantiñas seguiron o camiño de Margarita e hoxe en día, se ves unha manada de elefantes xa non saberás cales son machos e cales son femias porque todos son de cor gris e xogan en liberdade. 
   Este conto, serviunos para abrir un debate sobre a igualdade de xénero e os comportamentos que como debemos adoptar: podemos os nenos e as nenas xogar as mesmas cousas? Pode unha nena xogar ao fútbol? Pode un neno xogar ás bonecas?

   Preguntas que deberían estar xa obsoletas pero nas que aínda hoxe é necesario incidir.
   Tamén grabamos un vídeo coa canción de Andaluna y Samir, no que rexeitamos todo tipo de violencia e propoñemos o diálogo e a intelixencia como vía de solución de problemas.

viernes, 24 de noviembre de 2017

SEMANA DA MÚSICA

    Con motivo de Santa Cecilia, patroa da música, celebramos por quinto ano consecutivo a Semana da Música.

    Durante toda a semana, celebrouse un concurso na biblioteca na que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre o instrumento ao que se lle adicou este ano a semana musical: A GUITARRA.
     Para rematar as actividades, tivemos no centro a Andrés Campanario, profesor Superior de Guitarra no Conservatorio Municipal de Monforte "Mestre Ibáñez"
   Andrés ensinounos moitas cousas sobre este instrumento: as súas partes, a súa historia, as cualidades do seu son e das cordas... e, sobre todo, agasallounos coa súa interpretación de varias obras; unda delas acompañando ao noso alumno Manuel que cursa estudos no Conservatorio.
 
      Ao finalizar o concerto, o noso guitarrista recibiu un agasallo da olería de Gundivós en recordo e agradecemento do seu paso pola nosa biblioteca.
   Tamén Andrés, foi o encargado de entregar os premios ao alumnado gañador do concurso.
   E, como este curso estamos a traballar coa impresora 3D, un dos agasallos para os nosos investigaores foi un punto de lectura cunha clave de sol da nosa impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324).
 


ATA  O  PRÓXIMO  ANO!!

jueves, 23 de noviembre de 2017

CIENCIA NA BIBLIOTECA

    Con este experimento que fixeron os nenos e nenas de infantil, eles puideron descubrir as súas impresións dixitais e comprobar que todas son diferentes.

SEMANA DA MÚSICA - DÍA 4

NA SEGUINTE LISTA ENCONTRARÁS
MÚSICOS E COMPOSITORES RELACIONADOS COA GUITARRA;
PERO ENTRE ELES HAI 3 INTRUSOS.


A PROBA DE HOXE CONSISTE EN DECUBRIR AOS INSTRUMENTISTAS OU COMPOSITORES QUE NON TEÑEN NA GUITARRA O SEU INSTRUMENTO PRINCIPAL



                      Joaquín Rodrigo                           Beethoven

                  Francisco Tárrega                          Leo Brouwer

                   Andrés Segovia                             J. S. Bach

                   Antonio Vivaldi                            Paco de Lucía

miércoles, 22 de noviembre de 2017

SEMANA DA MÚSICA - DÍA 3

NA PROBA DE HOXE TERÁS QUE AVERIGUAR

QUEN É O AUTOR DA SEGUINTE POESÍA,

ONDE E CANDO NACEU 

E O NOME DE DÚAS DAS SÚAS OBRAS.



En la redonda
encrucijada,
seis doncellas
bailan.

Tres de carne
y tres de plata.

Los sueños de ayer las buscan
pero las tiene abrazadas
un Polifemo de oro.

¡La guitarra!

martes, 21 de noviembre de 2017

SEMANA DA MÚSICA 2017 - DÍA 2

XA SABES DE QUE
INSTRUMENTO FALAMOS?

Falamos da guitarra!!!!

Se non acertaches non pasa nada,
inténtao agora coa proba de hoxe


DÍA 2

CALES SON AS PARTES
DESTE INTRUMENTO?

Colle unha lámina da guitarra e investiga o nome de cada parte de este instrumento.

Tes que investigar tamén o nome
das súas cordas.

lunes, 20 de noviembre de 2017

SEMANA DA MÚSICA 2017 - DÍA 1

ADIVIÑA DE QUE

INSTRUMENTO SE TRATA


Buenas y sonoras
cuerdas tengo;
cuando me rascan,
a la gente entretengo.

Me rascan continuamente
de forma muy placentera,
mi voz es muy bien timbrada
y mi cuerpo de madera.

A pesar de no ser buque
tengo cuerdas y atavíos,
también tengo un regio puente,
pero nunca he visto un río.

Brazos con brazos,
panza con panza,
rascando en medio,
surge la danza.

SEMANA DA MÚSICA - 2017

    O 22 de novembro é Santa Icía, o día da patroa da Música. 

    Como cada ano teremos no colexio un concerto que nos achegue a algún instrumento e teremos o concurso da Semana da Música consistente en 4 preguntas sobre o instrumento en cuestión.

     Cada día da semana, na porta da biblioteca encontrarás un acertixo ou unha proba na que terás que investigar para achar a resposta. Tes ata o día seguinte para respostar.

      Os alumnos que respondan o maior número de respostas correctas terán un agasallo!

ANIMÁDEVOS!!!

CIENCIA NA BIBLIOTECA

   Neste enlace podes ver o experimento que o alumnado da clase de 1º e 2º de Primaria fixo para participar no Mes de Ciencia en Galego na Biblioteca. É un experimento que escolleron de Experimentos divertidos para niños de Carla Nieto Martínez (Ed. Libsa).
 

sábado, 18 de noviembre de 2017

XUBILACIÓN DO NOSO DIRECTOR

   Con motivo da xubilación do noso director, creamos un libro no que quixemos resumir os seus 40 anos na dirección do colexio e que levase un recordo do alumnado que estivo o seu último curso lectivo no centro.

   Algúns nenos fixeron debuxos, outros poesías, dedicatorias, banda deseñada, contaron anécdotas da súa relación con el... en fin, un  libro no que quixemos transmitirlle os nosos sentimentos e o noso desexo de que, a pesar da súa xubilación, poidamos seguir contando con el, coa súa presenza, os seus consellos e a súa experiencia que nos serven de exemplo a todos os que tivemos a sorte de traballar ao seu carón.


jueves, 16 de noviembre de 2017

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

    Neste enlace podes ver tres novos experimentos do Mes de Ciencia en Galego na Biblioteca; os da clase de 6º de Primaria que os alumnos escolleron de Experimentos divertidos para niños de Carla Nieto Martínez (Ed. Libsa).

   Se estás atento saberás facer un foguete de auga, un ovo de goma e tinta invisible; e ademais entenderás o seu por que.

martes, 14 de noviembre de 2017

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

   Este ano para conmemorar o Mes de Ciencia en Galego na Biblioteca, propuxemos ao alumnado que buscase experimentos nos libros da biblioteca  e os levasen a práctica.

   Aquí tedes os da clase de 5º de Primaria que os alumnos escolleron de El libro de los experimentos de Laura Aceti (Ed. Susaeta):




viernes, 3 de noviembre de 2017

O MAGOSTO

Estamos no tempo das castañas e dos magostos e no colexio non íamos a ser menos.

    Nesta actividade, a biblioteca tamén estivo presente a través do alumnado de infantil que nos contou "A castaña e o verme", unha pequena historia que estiveron traballando durante estes días e que xa podedes intuir quen ten como protagonista.
Non deixedes de vela!