martes, 23 de abril de 2024

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

     Desde fai varios anos, para conmemorar o Día do Libro realizamos unha das actividades preferidas do noso alumnado: os apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

      
       Nesta actividade, os biblioaxudantes organízaronse en cinco grupos que se repartiron polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto do alumnado que, tamén dividido en 5 grupos, foi percorrendo a senda dos libros:

    Comezaba a ronda na biblioteca, onde Germán e Candela contaban o libro  A pantasma colorida  de Gema García (Hércules Ediciones) cuns títeres elaborados por eles mesmos.


 

    No corredor principal Carlota e Martín esperaban para contar o libro  Tarde de sapo  de Maite Mutuberria (Ed. Kalandraka).


 

   Continuamos no patio de colexio. Alí estaban  Daniela, Pablo e Lara  que compartiron con nós o libro  Lobo só quería cantar  de Pilar Serrano (Ed. Triqueta).

   Seguimos o percorrido e chegamos á sombra dun castiñeiro do patio onde  Itzae, Ada e Nayara dramatizaron o relato O labrego e o rei do libro  Tres contos para crianzas  de Vicente Risco (Aira Editorial)


   O percorrido remataba con  Antía e Javier  que contaron o libro en verso  A bruxa divertida  de Ricardo Alcántara (Ed. Kalandraka)



 Podedes ver todas as imaxes desta actividade na 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

MOITAS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES  POR  ESTAS  LECTURAS!!

FELIZ  DÍA  DO  LIBRO!!



DÍA DO LIBRO: explosión primaveral

    Este ano para o día do libro quixemos darlle unha segunda vida a algúns libros do expurgo converténdoos nunha explosión de primavera segundo un modelo de pinterest de Laura Daniel.

     Para iso comezamos pintando, recortando, troquelando e pegando flores e bolboretas...


   Despois pegámolas nuns pequenos paus de diferentes tamaños e dobramos sobre si mesmas algunhas páxinas dos libros do expurgo para poder suxeitar nelas os paus coas flores e as bolboretas.
 


  Finalmente colocamos todos eses libros no corredor principal do colexio onde quedan moi fermosos!!

 
 

lunes, 22 de abril de 2024

ACTIVIDADES CREATIVAS

   Durante as últimas semanas, o alumnado de Ed. Infantil está levando a cabo un montón de actividades creativas que, ademáis de ser súper divertidas, son un complemento extraordinario no proceso de ensinanza-aprendizaxe das crianzas.

Busca de letras



                                  
  


Reprodución de grafismos
 




Traballo de motricidade fina e números
 

  
     

miércoles, 17 de abril de 2024

VOLUME E DENSIDADE

  Dentro da materia de Ciencias da Natureza, o noso alumnado de 5º de Primaria traballa os conceptos de masa, volume e densidade

    Para clarificar estes conceptos e traballalos de xeito práctico, estiveron argallando na biblioteca e realizando diferentes actividades científicas coas que reforzar e comprobar o aprendido: unha columna de densidade e desprazamentos de líquidos.
 
 
 



viernes, 12 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA (12 / 2023 - 2024)

Hoxe rematamos a lectura do cómic Policán de Dav Pilkey

   Da lectura que tiñamos marcada para hoxe, destacamos a mensaxe do capítulo 3 (Nadie se libra de Policán) onde o malvado Perico decátase de que Policán é moi intelixente porque le moitos libros así que decide utilizar o Anti-palabro 2000 un invento que borra todas as palabras dos libros para conseguir que a xente se volva tonta ao deixar de ler. 

 

    De feito, a única forma de recuperar a intelixencia era facerse co Anti-palabro 2000, revertir os seus efectos e volver a ler.

 A ver si resulta que ler nos fai máis intelixentes e críticos...

  Como resumo podemos dicir que a lectura deste libro remata cunha gran valoración polos membros do club xa que lles resultou moi divertido e foi un libro de lectura sinxela (case para primeiros lectores); aínda así nunha lectura menos superficial puidemos descubrir detalles que pasarían desapercibidos nun primeiro momento como por exemplo a carta da mestra R. Presora aos pais dos autores e a folla de Reforma condutual.

   E xa sabedes...


CIENCIA Á FEIRA

  Hoxe tivemos no colexio a actividade "Ciencia á Feira" impulsada polo grupo de innnovación docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC. 


 Este proxecto aproveita os mercados tradicionais e os centros educativos para achegar a adultos e escolares contidos ligados a diversos aspectos científicos. 


     Na feira puxeron un posto no que repartían información e organizaron unha charla na Casa da Cultura. No noso colexio organizaron unha sesión na que nos falaron sobre a xestión sustentable da auga: ciclo natural da auga,  ciclo urbano da auga, xestión deste recurso en Galicia, estratexias e enfoques para a súa xestión sustentable, as depuradoras da nosa zona... 

  Esperamos que o noso alumnado aproveitara ben esta sesión e lembre no futuro todo o aprendido hoxe.