martes, 30 de enero de 2018

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO - Día da Paz 2018

  Este ano para conmemorar o Día da Paz, tomamos como eixe o libro O que máis doe do mundo de Paco Liván (OQO Editora)
  Algúns dos biblioaxudantes prepararon unha representación da historia con monicreques que eles mesmos fixeron.  A súa actuación foi todo un éxito e o resto do alumnado do colexio encantoulles.
    Tamén elaboramos un mural representativo cunha reflexión sobre a relación entre a mentira e a paz a partir das citas de H. Johnson e W. Churchill.
    Outro grupo de biblioaxudantes foi o encargado de ler esta reflexión e falarnos sobre o seu significado.
   Completamos o mural cun texto ou debuxo no que cada alumno do colexio, explicaba que era o que a el máis lle doía do mundo: a morte dun familiar, a perda dunha amizade, os insultos, as agresións físicas, as enfermidades, ...
E como recordo deste día os nenos e nenas levaron unha pomba da paz impresa en 3D (by schmidjon)

viernes, 26 de enero de 2018

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS - Segunda sesión

   Hoxe tivemos no centro unha nova sesión de traballo cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias con Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

  Na sesión de hoxe, fixeron experimentos para comprobar o efecto do alquitrán nos pulmóns e no aire que respiramos.  Para isto, fixeron pasar auga a través de filtros de papel limpos e filtros de papel e impregnados cunha sustancia similar ao alquitrán; o resultado foi bastante esclarecedor. No primeiro a auga saía totalmente transparente mentres que no segundo o seu aspecto era sucio e de cor amarelo.
  Luisa tamén lles mostrou a cantidade de alquitrán que se acumula nos pulmóns dun fumador durante un ano. A súa visión non é nada agradable!!

MOCHILA VIAXEIRA 3º E 4º


    Hoxe tocou intercambio de mochila viaxeira e a de 3º e 4º de Primaria viña con sorpresa.
   Brais e a súa nai fixeron un agasallo para cada neno da clase extraído do libro Pequeños objetos para mi habitación de G. Lannoy e C. Fradier (Ed. Zendreara Zariquey).
 MOITAS  GRAZAS!!!!

jueves, 25 de enero de 2018

CONVIVENCIA CEIP A GÁNDARA: Prensa

    Aquí vos deixamos a reseña de prensa de El progreso (25/1/2018) na que se recolle a convivencia do CEIP A Gándara co noso.
    Aínda que pola redacción da noticia parece que é algo novo, este tipo de actividades xa se vén desenvolvendo no colexio desde fai varios cursos.

miércoles, 24 de enero de 2018

RADIO NA BIBLIO: Formación

    Hoxe tivemos no cole a primeira sesión de formación para a posta en marcha da nosa radio escolar dentro do Proxecto Radio na Biblio.
   
    Da man de Javier Prado e Cristina de Rede Espora, achegámonos a esta nova ferramenta educativa.
   Despois da parte teórica, puxemos en práctica todas as aprendizaxes e fomos quen de comezar a gravar algún programa de proba.
XA  QUEDA  MENOS  PARA  EMPEZAR  A  EMITIR!!

martes, 23 de enero de 2018

CONVIVENCIA CEIP A GÁNDARA

   Hoxe recibimos no centro a visita dos nenos e nenas de 1º de Primaria do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos cos seus profesores.

    Eles viñeron a coñecer o noso concello e visitaron o Centro de Olería de Gundivós e a Escola de Hostelería de Rosende

    Despois da visita, compartiron con nós o xantar e un taller de ilustración na biblioteca impartido por Iria Iglesias e Dani Viéitez de estudio Gnomo (autores, entre outros, da colección O raposo Rufo) no que aprendimos moito sobre a ilustración pero tamén houbo contacontos, aprendizaxe sobre a reciclaxe e reutilización de residuos e creación de personaxes propios que tomaron vida en forma de monicreques.
   E para que teñan un recordo desta día, os nosos visitantes levaron tamén uns marcapáxinas de Lectuvín impresos coa nosa impresora 3D.
ATA  PRONTO!!!

viernes, 19 de enero de 2018

LECTURAS PARA O DÍA DA PAZ

Xa están no expositor do corredor principal algunhas das lecturas recomendadas para o Día da Paz
Esperamos que disfrutedes delas!!!

PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS

   Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, adicará tres sesións de traballo aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias.

    Nestes obradoiros o tema principal é o tacabo: riscos, consecuencias, composición... Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar perxudica gravemente a nosa saúde; sempre coa intención de que o noso alumnado non chegue a ser fumador.

AS FAMILIAS CONTAN: Coñecendo outras culturas

    Helena, a nai de Uxía, estivo na biblioteca para contarnos como é a vida dos nenos e nenas ingleses en comparación coa nosa.

    Falounos dos seus horarios: hora de levantarse, de comer, de cear ou de acostarse.
   Da súa alimentación: coñecemos produtos típicos como o Marmite ou os seus xeados preferidos que comen durante todo o ano.
  Do colexio: o camiño (coñecemos a figura da Lollipop Lady), os edificios, a distribución dos cursos, os uniformes...
    E tamén de que en Inglaterra non teñen a Mari Luz, a nosa cociñeira, e por iso a maioría dos nenos e nenas levan o seu Packed Lunch en vez de comer no comedor escolar.
 
 A very, very interesting talk!!
  Thank you very much!!!!

lunes, 15 de enero de 2018

COMO SE CHAMARÁ A NOSA RADIO??

 Xa está á vosa disposición a caixa de suxestións para que nos fagades
chegar as propostas para o nome da nosa radio.
ESTAMOS  DESEXANDO  COÑECER  AS  VOSAS  IDEAS!!

PRIMAVERA DAS LETRAS 2017

    Acaba de chegarnos o diploma acreditativo da nosa participación no certame Contádenos o voso Día das Letras convocado pola Real Academia Galega dentro do Proxecto educativo Primavera das Letras.
  Este diploma viña acompañado dunha felicitación a toda a comunidade educativa  polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua e cultura.

jueves, 4 de enero de 2018

RADIO NA BIBLIO: Primeiros pasos

    Aínda que estamos en vacacións de Nadal, no colexio non paramos.

   Un grupo de pais voluntarios e persoal do Concello estiveron preparándonos o estudio para a nosa radio escolar.

    A idea era trasladar un armazón de madeira e cristal desde unha parte inutilizada do colexio a un dos corredores principais.
    O traballo comezou a primeira hora da mañá, desmontando este armazón.
Despois trasladouse ao corredor principal onde se ubicará o estudio de radio.
E alí comezou o traballo de volvelo a montar ademais de adaptalo ás medidas do corredor.
Á hora de comer, o traballo xa estaba bastante avanzado.
Pola tarde, os pais remataron esta tarefa.
 Agora só quedan pequenos remates e pintar...iso será na seguinte xornada.
MOITAS  GRAZAS  AOS  PAPÁS  COLABORADORES  E  AO  CONCELLO  POLA
SÚA  AXUDA  NA  POSTA  EN  MARCHA  DA  NOSA  RADIO!!

miércoles, 3 de enero de 2018

PREMIOS CERTAME DE NADAL BPM

    Cada ano o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. Por iso, as nosas postais poden verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM.
  A entrega de premios deste Nadal comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis.
   Despois o alcalde fixo a entrega de premios na que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e varios libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.

   Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.
O acto foi publicado no Xornal El progreso do venres día 5 de xaneiro.