O venres 20 de maio, celebrouse no Auditorio da Casa da Cultura de Sober un Concerto Didáctico da Escola Municipal e da Banda de Música de Sober ao que ademáis de nós, asistiron os seguintes centros:
- CEIP MONTE BALIÑO (Ferreira de Pantón)
- CEIP ROSALÍA DE CASTRO (Bóveda)
- PAI de Sober
E como non podía ser doutro xeito, a literatura tamén estivo presente no concerto; xa que este, estivo baseado nun conto: "Musicolandia" a través do que aprendimos moitas cousas das familias de instrumentos que compoñen unha Banda de Música: vento - madeira, vento - metal e percusión. Tamén nos falaron do piano e da voz humana.
Foi
un concerto moi divertido no que algúns nenos e nenas do colexio
participaron activamente como personaxes do conto, tocando algún
instrumento da banda, xogando ás cadeiras e incluso dirixindo á Banda
Aquí tedes un vídeo da parte final do concerto:
Despois do concerto, tivemos no colexio unha xornada de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Monte Baliño
No hay comentarios:
Publicar un comentario