miércoles, 3 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO INFANTIL

    O 2 de abril conmemórase o  Día do Libro Infantil  xa que é a data de nacemento de Hans Christian Andersen, autor de contos infantís coñecidos en todo o mundo como A Sereíña, O parrulo feo, O soldadiño de Chumbo... 

   Cada ano o IBBY (International board on books for young people) selecciona un escritor representativo e un ilustrador para que elaboren o cartel e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo. Este ano a sección encargada foi Xapón e desde alí a escritora Eiko Kadono e a ilustradora Nana Furiva escolleron o lema  "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación"

  Daniela e Itzae foron os biblioaxudantes encargados de transmitir esta mensaxe na biblioteca e de gravala en Radiuvín para que todos poidades coñecela.


    Despois quixemos que o noso alumnado tamén navegara coas alas da súa imaxinación e por iso lles demos uns libros alados aos que lle tiñan que por título segundo a historia que quixeran contar e ilustrar a portada en consonancia. 


   Para rematar fixemos un mural cos libros alados ilustrados arredor do cartel oficial deste ano.

 
 
FELIZ  DÍA  DO  LIBRO  INFANTIL!! 

OXALÁ  NUNCA  DEIXEDES  DE  NAVEGAR  COAS  ALAS  DA  IMAXINACIÓN!!

GALERÍA  DE  IMAXES

No hay comentarios:

Publicar un comentario