lunes, 15 de junio de 2020

XOGOS OLÍMPICOS III - TOKIO 2020

     Hoxe emitimos o terceiro e último programa especial Xogos Olímpicos no que seguiremos achegándonos a deporte olímpicos para dar a coñecer todo o que aprendemos cos nosos traballo de investigación.


    Neste último programa coñeceremos moitos datos sobre o balomnán con Senén, aprederemos sobre a maratón con Valentina, con Zaira achegrámonos ao waterpolo e remtaremos con Xoán falaremos sobre baloncesto.

       



jueves, 11 de junio de 2020

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada e Teo

   A pesar da situación de alarma sanitaria que temos, continuamos coa actividade As familias contan aínda que sexa telemáticamente.

   Nesta ocasión é a quenda da nosa compañeira Antía, nai de Ada e Teo, que nos contará dous contos: La ovejita que vino a cenar de Steve Smalmann escollido por Teo e A mellor sopa do mundo de Susanna Isern escollido por Ada.

   Esperamos  que  disfrutedes  moito destas fermosas historias...
escoitade atentos!!!


MOITAS  GRAZAS  ANTÍA,  ADA  E  TEO  POLA
VOSA  PARTICIPACIÓN!!

miércoles, 10 de junio de 2020

O NOSO PATRIMONIO - Proxecto

    Na materia de Investigación e tratamento da información de 4º e 6º de Primaria estabamos a desenvolver antes do confinamento un proxecto conxunto co Concello de Sober sobre o noso patrimonio.

    Neste proxecto pretendiamos que o alumnado investigase sobre diferentes monumentos do concello e elaborase un vídeo explicando as características principais de cada un deles e incluso das lendas que os rodean para  o que se desprazarían ao monumento coa técnica de turismo municipal.

    Despois o Concello de Sober encargariase de colocar  en cada monumento unha placa cun código qr para que os turistas que veñen a visitar a Ribeira Sacra puidesen acceder ao vídeo elaborado polo alumnado; deste xeito pretendiamos por en valor o patrimonio entre o alumnado e darlle visibilidade ao seu traballo.

  Pero... chegou o confinamento e o proxecto quedou sen rematar aínda que os alumnos/as seguiron investigando e presentaron a súa investigación telemáticamente.

  Polo seu esforzo queremos compartir as súas investigacións e deixamos pendentes as gravacións dos vídeos para o próximo curso:

TRABALLO  DE  PABLO  PÉREZ  FREIRE
TRABALLO  DE  HUGO  FERNÁNDEZ  PRADA
TRABALLO  DE  XOÁN  PÉREZ  FERNÁNDEZ

TRABALLO  DE  LUCÍA RODRÍGUEZ  GONZÁLEZ

TRABALLO  DE  X.  SENÉN  HERNÁNDEZ  RODRÍGUEZ

TRABALLO  DE  ADRIÁN  LÓPEZ  REINA
TRABALLO  DE  LUCAS  RODRÍGUEZ  FREIRE

TRABALLO  DE  LAURA  GÓMEZ GRANDE
TRABALLO  DE  LAURA  GÓMEZ  GRANDE

viernes, 5 de junio de 2020

XOGOS OLÍMPICOS II - TOKIO 2020


    Hoxe emitimos un novo programa especial Xogos Olímpicos no que través das investigacións que fixemos sobre varios deportes olímpicos estades a coñecer moitas cousas acerca deles: orixe, normas de xogo, deportistas destacados...

   Neste segundo programa escoitaremos a Jorge facendo unha pequena introdución; a Laura, falando de voleibol; a Lucía de Ximnasia Rítmica e a Pablo de Fútbol.



miércoles, 3 de junio de 2020

XOGOS OLÍMPICOS - TOKIO 2020

    Como sabedes este ano ía a ser ano olímpico ata que chegou o confinamento e esta situación de alerta sanitaria mundial que fixo que se suspendesen os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 algo que só sucedera anteriormente en 3 ocasións e por 3 Guerras Mundiais.



  Pero antes do confintamento, o noso alumnado estaba investigando sobre diferentes deportes olímpicos: orixe, normas de xogo, deportistas destacados... 





   Algúns compañeiros tiveron tempo de compartir os seus traballos co resto do alumnado na biblioteca...

 pero a maioría non... por iso, quixemos emitir en Radiuvín uns programas especiais XOGOS OLÍMPICOS nos que poderedes escoitar todo o que descubriron sobre estes deportes.

    Neste primeiro programa escoitaremos a Adrián falándonos do tenis, Brais de Judo, César de Bádminton e Gareth de Taewkondo.