domingo, 11 de diciembre de 2022

AGASALLO DE NADAL

  O alumnado de 4º de Primaria na materia de Investigación e Tratamento da Información, estivo aprendendo a facer pequenos deseños para a impresora 3D con Tinkercad

  Como resultado final desta aprendizaxe, decidiron deseñar un agasallo que levarían ao rematar a primeria avaliación.

  Primeiro tiveron que poñerse dacordo no agasallo escollido que finalmente foi unha árbore de Nadal e facer un boceto.

  Despois descompoñer a árbore de nadal en formas que puidesen utilizar en tinkercad e tomar medidas.

 

    A continuación levar o deseño á práctica e ver se quedaba tal como a eles lles parecía que ía quedar.

   E por último engadir a estrela final. Nas seguintes imaxes podedes ver rematado o seu desño.


lunes, 5 de diciembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

   O 3 de decembro foi proclamado  Día Internacional  das Persoas con Discapacidade   pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 para concienciar sobre a súa situación e promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade.

   Esta obxectivo recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030  Obxectivo 10: Redución das desigualdades.

  

   No centro quixemos conmemorar este día a través do libro Elisa no mundo das marabillas editado por Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise celebral)


    Este un libro foi escrito e ilustrado nun obradoiro artístico realizado por APAMP e conta a historia de Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños que se movía en cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.


   A través desta historia, quixemos concienciar ao noso alumnado sobre os diferentestes tipos de discapacidades reflexados nos diferentes personaxes que aparecen no libro: un can de 6 patas, un ciclista que xa non pode gañar carreiras, unha árbore que non da froitos...

   O bo destes personaxes é que cada un deles ten unha cualidade que o fai importante para os demáis e que aínda con dificultades e atrancos, poden saír adiante e ser felices. Por iso lle propuxemos ao nenos e nenas do colexio que fixeran debuxos de persoas, animais ou cousas cunha discapacidade indicando un aaspecto positivo ou vantaxe que se poida derivar dela. Podedes ver o resultado desta actividade no mural do corredor.

 

GALERÍA  DE  IMAXES


REFRÁNS DE OUTONO

    Unha parte importante da nosa identidade e da nosa cultura está formada polos refráns, as expresións e os ditos que recollen a sabedoría popular.

    Este ano quixemos recoller co alumnado refráns de outono para recoller parte desa sabedoría; pero que é un refrán? Os refráns son frases de orixe popular e anónima que se repiten de forma invariable e que transmiten un pensamento moral, unha ensinanza ou un consello.

  Nos seguintes videos compartimos os refráns que o noso alumnado e as súas familias nos fixeron chegar e a súa correspondente explicación.

 


MOITAS  GRAZAS  ÁS  FAMILIAS  POR  PARTICIPAR

NA  TRANSMISIÓN  DESTES  REFRÁNS!!


viernes, 2 de diciembre de 2022

5º e 6º DE PRIMARIA: Disco de Newton

  Hoxe compartimos o último dos experimentos realizados durante Novembro o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. 


    A actividade foi realizada polo alumnado de 5º e 6º de primaria para comprobar que a cor branca está formada por varias cores.

   O disco de Newton consiste nun círculo dividido en sectores de cores (vermello, laranxa, amarelo, verde, cian, azul e violeta).

   Cando se fai xirar o disco a gran velocidade, estes colores combínanse e parece que desaparecen vendo todo de cor branco, así pode demostrarse que a cor branca está formada polas sete cores do arco da vella.

 

 

EXPERIMENTOS 3º DE PRIMARIA: Depuradora de auga e lámpada de lava

    Seguimos cos experimentos e experiencias científicas realizadas no colexio dentro de Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca.


    Hoxe compartimos o traballo de 3º de Primaria que fixeron dous experimentos.

    DEPURADORA  DE  AUGA: comprobaron como se realiza a depuración das augas e ao mesmo tempo puideron ver o proceso de filtración que consiste en pasar a auga por grandes filtros que van retendo os diferentes residuos. Se o facedes na casa, recordade que aínda que a auga filtrada sexa cristalina,  NON É POTABLE.

 

 

   LÁMPADA  DE  LAVA: nesta experiencia viron como a auga e o aceite NON se mesturan debido a que o aceite é menos denso que a auga. Tamén se coñece como o fenómenos de "polaridade intermolecular".

    Ao botar unhas pastillas efervescentes, estas soltan unhas burbullas dun gas (CO2) que é máis lixeiro que a auga e flotan transportando á superficie parte da auga de cores.
   
   Cando o gas sae da auga, esta volve a ser pesada e afunde. O proceso repítese unha e outra vez ata que a pastilla se disolve por completo.
 
 

 

jueves, 1 de diciembre de 2022

FACEMOS UN ARCO DA VELLA: 4º e 5º Ed. Infantil

   Os máis pequenos e as máis pequenas do colexio fixeron tamén o seu propio experimento en Novembro, mes da ciencia en galego.


    O alumnado desta clase quixo facer o seu propio arco da vella sen choiva e sen sol, serían capaces?

 

 

O GLOBO QUE SE INFLA SÓ - 6ª Ed. Infantil

 O alumnado de educación infantil tamén fixo experimentos en Novembro, mes da Ciencia en galego.


  Eles e elas intentaron inflar un globo sen soprar... será maxia??  Non, é ciencia!!