Un libro de aventuras e misterio que ao alumnado lles gustou moito e que lles valeu para compartir e reflexionar sobre a orfandade e a problemática que esa situación acarrea. o que nos levou tamén a reflexionar sobre a problemática da xente que foxe dos seus países para escapar de zonas de conflictos.
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
jueves, 10 de marzo de 2016
CLUB DE LECTURA: A fuxida dos nenos (Xosé María Heras Varela)
Estreamos o club de lectura deste curso co libro A fuxida dos nenos de Xosé María Heras Varela.
martes, 8 de marzo de 2016
LOLA DE PENELAS. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO
O
Colectivo
Lemos Le
para conmemorar o Día
da Muller
que se celebra o 8
de marzo;
organiza por terceiro ano o Certame
Mulleres de Lemos
coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas
relevantes na historia das Terras de Lemos.
Este ano propóñennos a figura de Lola
de Penelas
unha oleira de Gundivós (Sober) do século XX para destacar o papel das
mulleres artesás galegas, especialmente das mulleres oleiras do noso Concello.
De Lola de Penelas dise que era unha muller forte e traballadora, que en tempos chegaba a facer trinta
ou máis olas nun día e que visitaba as casas coa súa roda para
reparar as pezas que sufrían danos, levando tamén con ela aos seus
fillos.
En colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Sober, organizamos esta actividade para coñecer máis sobre este día e sobre a figura desta muller. Julia explicounos o motivo polo que a conmemoración se realiza o 8 de marzo e os/as biblioaxudantes de 6 de Primaria léronnos o conto escrito por Paula Vázquez Verao.
Despois coñecimos e decoramos algunhas das pezas representativas da Olería de Gundivós:
Na seguinte publicación do CIM de Monforte podedes consultar toda a información sobre esta data e tamén sobre Lola de Penelas
Para profundizar máis na tradición oleira; pedímoslle ao noso alumnado que se fixese fotos con pezas de alfarería de Gundivós que tivesen na casa e que nos contasen algunha historia ou anécdota que lles sucedese con algunha peza. En canto estas imaxes ou historias nos vaian chegando; íremolas subindo ao blog.
lunes, 29 de febrero de 2016
DÍA DE ROSALÍA - 2016
Recibimos correo na biblioteca!!
Desde a Biblioteca Pública Municipal de Sober, chegounos hoxe unha fermosa postal de Rosalía.
Moitas grazas por acordarvos de nós.
Unha aperta moi forte!!
CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO - 2016
Estes son os debuxos que os nosos nenos presentaron para o Certame de Debuxo da XXXVI Feira do Viño de Amandi. Podedes velos todos, clickando na imaxe:
miércoles, 24 de febrero de 2016
LECTURA COLECTIVA: MR. IGLÚ FAI AMIGOS
Hoxe a Hora de Ler foi un pouco diferente, aproveitando que se nos fixo chegar un exemplar para cada alumno/a de Mr Iglú fai amigos, editado por ecovidrio fixemos unha lectura colectiva do mesmo. Ademais, entre todo o alumnado puidemos facer unha reflexión sobre a importancia do reciclaxe e a reutilización de residuos para conservar a natureza e o medio ambiente.
Se queres saber máis sobre Mr Iglú ou comrpobar xogar con el on-line, preme na súa imaxe:
DÍA DE ROSALÍA (24 de febreiro de 2016)
Para conmemorar a data do nacemento da poetisa galega Rosalía de Castro, sumámonos á proposta feita pola AELG (Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega) de enviar unha postal baseada nunha estrofa de "Alborada" (Cantares Gallegos - 1863)
Canta paxariño alegre
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta actividade:
Ademais, os biblioaxudantes faláronnos da súa vida e da súa obra achegándonos así á súa figura.
viernes, 5 de febrero de 2016
SUPERLECTORES
Calquera epoca do ano é boa para fomentar a lectura; e o entroido non ía a ser unha excepción.
Este ano, o disfraz principal do colexio foi de SUPERLECTORES!!!!!
Coas follas dos libros de texto de outras leis educativas, fixemos os cucuruchos base do disfraz. Neste proceso foi importante para nós a colaboración de Dunia, que adicou o seu tempo a axudarnos a facer todos este cucuruchos.
Para as ás especiais de lectores, os nenos e nenas recrearon portadas de contos clásicos ou coñecidos; pero tamén crearon as portadas dos seus propios libros: piratas, princesas, museos...
Co disfraz feito, chegou o momento de recitar as rimas que os nenos e nenas de 5º e 6º crearon para este día:
E, por último, o desfile. Neste desfile percorremos as rúas da nosa localidade ata chegar ao Concello onde nos obsquiaron a todos cunhas bolsas de chuches. Moitas grazas ao noso concello!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















