LEMOS LE. BIBLIOTECAS E LIBRARÍAS UNIDAS POR E PARA A LECTURA
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica o nº 68 da súa Revista Galega do ensino, EDUGA.
Entre as diferentes seccións, a de BIBLIOTECAS ESCOLARES
acolle un bo número de artigos que permiten coñecer experiencias en
distintos centros, sexa sobre o desenvolvemento de proxectos de carácter
interdisciplinar ou sobre actividades máis centradas no fomento da
lectura; outros artigos constitúen un percorrido polo conxunto de
actividades que deseñan, cumprindo así o seu papel de centros de
lectura, información e aprendizaxe...
Un destes artigos está adicado ao noso colectivo.
Está asinado polas coordinadoras das bibliotecas escolares de A Gándara
e Sober e trata das iniciativas levadas a cabo e do traballo realizado
polo colectivo Lemos Le para unificar esforzos no impulso do mundo dos
libros e da lectura.
Podes ler o artigo premendo no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario